Por todos os Santos

En chegando os Santos, entre a vendima e a castañeira, cando o novo non naceu e o vello aínda non morreu, cando o feixismo vence en Galicia… é bo intre para que agromen zarrotas en forma de blogue. A Lucenza do Abade é a bitácora de quen isto escribe, Xurxo Ayán, arqueólogo lemavo, que dende 2007 vén editando arqueoneixon. De aquellos polvos viene estos lodos. A Lucenza do Abade é un predio empoleirado na aba dun outeiro areoso de Cerasia. Malia que a parroquia non contaba con bo clima para o viñedo, esta zona ben orientada tiña o privilexio de albergar os mellores viñedos da contorna. Ese viño ía parar, loxicamente, á adega do señor cura. Sempre gostei deste microtopónimo medio céltico, que sempre reproduzo lembrando o bico da miña  mai,  quen ía de pícara coa avenza á veciña Coroa do Castro.

A Lucenza do Abade está hoxendía comesta polas silvas,  os escambrós e os piornos.

Xa era tempo de romper a terra.

Anuncios
Categorías: Paisaxes | 1 comentario

Navegador de artículos

Un pensamiento en “Por todos os Santos

  1. o debanador de tripas

    e este ano habera matanza ou non, en cesaria???non e por un ire …e por un sabere

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: