Kaput

Falamos nun anterior post do busto tudense de Sócrates, destruído pola vesania feixista no verán de 1936. A efixie fóra unha obra realizada por Emilio Prieto Coussent canda os seus alumnos do Instituto de Segunda Enseñanza de Tui. Eles foron os mesmos que cicelaron outro busto en homenaxe a Valle-Inclán, chantado na cidade de Pontevedra. Hoxendía abundan as esculturas-homenaxe ao eterno literato arousán, como a que decora a praza de Méndez Múñez na mesma Pontevedra ou a que decora un banco na decimonónica Alameda compostelá. Ao estaren feitas a escala real, ocupan pouco, xa que o mestre do esperpento era pequerrechiño e toco. O meu compañeiro de fatigas, Manuel Gago, no noso libro Herdeiros pola Forza, inclúe no capítulo o Karma do Clan, unha interesante referencia a Valle Inclán, rememorando unha excursión ao Alto da Curota coas forzas vivas da Pobra do Caramiñal, da que se conserva unha fotografía: “A historia debeu acontecer entre a primavera e o verán dalgún ano da década de 1910. Valle-Inclán está sentado nestas pedras, que lle alucinaban. A excursión tiña o sentido de buscar o ancestral refuxio dos devanceiros patrios: subir ao Olimpo celta onde se gardaban os misterios da Galicia máis ancestral. A quenturenta imaxinación de Valle-Inclán imaxinou, a partir destas excursións no Barbanza, nas caprichosas formas graníticas, ou na laxe que teitea o dolmen de Axeitos, sacrificios druídicos, ceremonias telúricas, excesivos rituais, xuntanzas clánicas. O impacto das súas excursións barbanzonas cos seus amigos locais ten repercusións na súa obra”.

No verán de 1936 o busto de Valle-Inclán en Pontevedra foi arrastrado polas rúas da cidade. A banda de falanxistas artífices deste acto tan heroico remataron por abandoar a testa de pedra no monte da Curota, na Serra do Barbanza. Maxinade a escena esperpéntica. Non sei se estes falanxistas coñecían a querencia céltica polas cabezas cortadas, ou se sabían algo destas pezas escultóricas nos nosos castros. En todo caso, é evidente que a irreverente e medio anarquista pantasma de Valle-Inclán (Borobó dixit) traía de cabeza aos asasinos feixistas. Non sei se eses pailáns maxinarían algunha vez que esa traxicómica fin sería do total agrado de Valle-Inclán. Tampouco sei se esas bestas foron as mesmos que tinguiron de sangue o Barbanza no verán do 36, dende O Confurco á Curota. Estes pistoleiros noitaregos movíanse nun coche vello, o carro da morte. Décadas despois, o dono do veículo quixo desprenderse de el e venderllo a un xitanos que se adicaban ao negocio da chatarra. Estes xitanos barbanzónicos negáronse en banda, dicindo: ¡No, que ese coche está mardito!

Isto é o que se chama memoria histórica.

Fotografía: busto de Valle-Inclán na Curotiña, hoxendía.

Anuncios
Categorías: Atila en Galicia | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: