O Santo Graal

O día 8 de novembro ás 19:30 terá lugar na sede da Fundación Barrié na Coruña a presentación do número 195  da revista Grial. Colaboramos neste volume cunha crítica historiográfica da investigación sobre o mundo dos castros, baixo o título A Idade do Ferro na Galiza. Este forao título elixido por Florentino López Cuevillas para encabezar o seu discurso de ingreso no Seminario de Estudos Galegos en 1924, publicado deseguido en entregas periódicas na revista Nós. Aquel traballo fundacional serviu, por unha banda, de introito para estudos máis amplos escritos a catro mans con Serpa Pinto e Bouza Brey na mesma década dos tolos anos 20, e por outra banda, de alicerce onde se asentou a grande síntese interpretativa sobre o mundo dos castros do arqueólogo da xeración Nós, La Civilización Céltica en Galicia (1953). A este respecto, retomamos ese título como sentida homenaxe para coa tradición da Arqueoloxía galeguista e coma un recoñecemento da figura esgrevia de Cuevillas, un funcionario de Facenda amante da paisaxe prehistórica galega ao que mesmo se lle adicou o día das Letras Galegas no emblemático ano de 1968. Así e todo, habería que preguntarse por que a día de hoxe, malia a reivindicación da súa figura, non existe ningún traballo de crítica historiográfica sobre a vertente arqueolóxica de Cuevillas; paradoxalmente, si contamos cunha recente monografía sobre o seu pensamento político. Como se pode apreciar, a historia da Arqueoloxía galega está aínda por facer.

Anuncios
Categorías: Lerias e andrómenas | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: