O’Lanchas

Un dos grandes misterios do castro de Santa Trega é a ausencia case total de referencias folklóricas vencelladas a este sitio arqueolóxico, algo insólito se temos en conta a monumentalidade do xacemento e a súa importancia como referente na paisaxe natural e simbólica do Baixo Miño. Hai pouco demos unha barferencia no ciclo de conferencias organizado en A Guarda para celebrar os 100 anos da Sociedade Pro-Monte de Santa Trega No Art Café amosamos documentación inédita dun xove arqueólogo pontevedrés, Sebastián González García-Paz, quen con pouco máis de vinte anos era o axudante de dirección de Cayetano de Mergelina nas escavacións do Trega (1928-1930). Unha figura senlleira para comprender a emerxencia da Arqueoloxía científica galeguista. Na charla demos un golpe de efecto ensinando a copia dunhas cuartillas, esquencidas nas carpetas cedidas ao Museo de Pontevedra pola familia de Sebastián trala súa morte en 1967. Entre elas, velaquí tedes unha folliña manuscrita titulada Folk-lore del Tecla:

Concepción [ilexible] dice que oyó contar de pequeña que en el monte vivia unha nación que foi expulsada por outra tendo que fuxir atravesando o río (Miño) a nado.

María Álvarez falou que se contaba que no monte había unha mina de ouro.

E tradizon constante que no monte viviron os mouros.

V. Bouza, contouse que unha muller da Guardia que ía acotío ao monte para acadar batume, viu de mañán cedo a unha moza que perto da presa estaba peiteándose. Estranada perguntouse para si ¿E que fará aquela señorita peiteándose alí? E cando xa ía marchar pra sua casa, a tal moza chamouna e dixolle:

¿Ti queres ter unha peseta diaria?

-Si, contestou a muller.

Pois todol-os dias has de vir a recollel-a enriba de esta pedra; mais con unha condizon, y-é que non digas ren a ninguen.

Colleu a muller a peseta, y-o mesmo fixo algun tempo. Mais enteirado o home perguntoulle.

¡De onde che ven esa peseta diaria que tes? Y-a muller non queria decilo, mais o home que sospeitaba unha infidelidade, insistiu, e chegouna a ameazar con unha boa tunda se llo non decia. Confesou a muller e dende enton, anque voltou moitas veces non topou ren.

Esta última lenda recolle un tema recorrente (a moura que ofrece unha riqueza a unha rapaza en troques do silenzo e o segredo) mais dun xeito pouco convencional. O peculiar estilo do conto probablemente tiña algo que ver co informante de Sebastián González García-Paz, un mariñeiro da Guarda apodado O’Lanchas. Cando pronunciamos o seu nome, fosilizado nuha papeleta arqueolóxica de 1928-1929, grande parte do público do Art Café esbozou un sorriso de aprobación. Seica Antonio O’Lanchas foi un personaxe mítico na vila gardesa, mariñeiro e gaiteiro a un tempo. Resulta entrañable e cómico a un tempo maxinar este fenómeno retranqueiro vacilando ao mozo arqueólogo galeguista nunha tardiña de verán de 1929. Aquí haivos unha historia.

Fonte: Arquivo documental do Museo de Pontevedra. Fondo Familia González García: 3-26.

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, Xente de aquí e de acolá | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: