A cividade de Jaifar

Falabamos o outro día da cidade de Miraflores, comesta por unha invasión de formigas. Traemos aquí, da man do antedito Sebastián González, un novo exemplo, inédito, de cidade asulagada en Galicia. No verán de 1929 este xove arqueólogo acompañaba a Cayetano de Mergelina nas escavacións de Santa Trega e de paso prospectaba a contorna na procura de novos sitios arqueolóxicos. Aquí tedes un novo retazo do seu caderno de campo cunha serie de marabillosas observacións sobre o castro de Panxón:

Monte do Castro.

No concello de Panxon. Peninsua entrante no mar con acropoli e unha terraza. Notizas de achadegos de testos e lousas traballadas. No ano 1929 atoparonse (Juº Novás Pontevedra) ao facerese as obras do atracadeiro, os muros que cinguian o castro en todo o perímetro, que non defendia a natureza do terreo. Nos achadegos figuran un pequeno bronce de Constantino (en poder do capataz da obra) e un mosaico (que ten Juan Novás).

Folklore. Conta un vello de Panxon, que unha rapaza foi unha vez ao castro a leval-o o gando e veu unha cobra que tiña unha cuncha na cabeza. A rapaza tomou medo e fuxiu. Tal medo que os cabelos voltaronselle blancos “e iso que inda era nova”. Dise que embaixo da playa hai unha cividade soterrada. Esta cividade chamouse Jaifar.

En todo o redor do castro hai noticia de achadegos frecuentes ao facerese a cimentacion das casas.

(25-VII-1929).

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, Lerias e andrómenas | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: