O vello que quería ver o tren

Os lemavos coma min levamos o tren moi dentro. Xa a casa onde naceu o meu bisavó, en Chavaga, fóra trasladada co gallo da construción do camiño de ferro no ultimo terzo do século XIX. Cando voltou de Cuba, o bosavó ergueu fachendosa a súa casa (1895) entre a vía e a estrada, os dous símbolos da Modernidade daquela. A miña bisavoa Nieves da Habanera foi gardesa do paso de Repil e unha das primeiras mulleres en traballar na RENFE. Quizabes por este ADN eu desfrutaba coma un anano (que é o que era certamente) da viaxe a Barcelona no Shangai Express polas vacacións do Nadal. Estou falando de comezos e mediados dos anos 80. Sempre faciamos o percorrido noitarego, degoldrados en cadansúa liteira. Nunca esquencerei aquelas loitas de almofadas coa miña irmá e  a miña curmá que duraban o que resistía a paciencia dos maiores, moitas veces descoñecidos para nós. Deitado, eu fitaba eternamente pola fiestra, malia a escuridade da noite. Sempre mantiven o costume de non durmir até pasada a estación de Burgos. Nunca souben por que, quizabes porque precisaba un límite para deixar paso ao descanso, e ese lindeiro era sempre a vella estación burgalesa, hoxe substituída por unha modernísima e aséptica estación nas afóras. A pesares da miña querencia ferroviaria pola vella capital castelá, apenas coñezo a cidade. Onte baixei do tren por vez primeira en Burgos. Por suposto, irei á vella estación da que recordo nidiamente o cartel, os fanais como vagalumes decadentes e un andén interminable, a última imaxe antes de caír rendido ao sono. Décadas despois, como naquel precioso conto de Dieste, eu son o vello que quería ver o tren.

Anuncios
Categorías: Arquivos do Trasno | 1 comentario

Navegador de artículos

Un pensamiento en “O vello que quería ver o tren

  1. Buenaventura Aparicio Casado

    Amigo Xurxo, nese Shangai Express veu un servidor dende a Ribera del Duero a Galicia, cando tiña cinco anos. O tren viña pola antiga liña de Ariza, hoxe desaparecida. Aquela viaxe quedoume na memoria para sempre. Dende entón eu amo ao tren.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: