Pensar historicamente

O historiador marxista francés Pierre Vilar, no seu imprescindible libro Pensar historicamente subliña como o que máis lle chamaba a atención na súa estadía de investigación en Barcelona nos anos 30 antes da guerra non era a loita de clases senón un apreixable sentimento que percorría todo o abano social, dende o camareiro dun garito das Ramblas, pasando polo traballador dunha fábrica téxtil, até pasar polo burgués con chalé no Tibidado: a convicción, a conciencia de pertencer a unha nación. Onte na charla que demos no marabilloso salón Polisón do Teatro Principal de Burgos, percorremos a guerra civil española analisando as paisaxes que estudamos nos últimos anos. Unha delas foi o val do Alto Tajuña, na Alcarria, onde tivo lugar unha ofensiva republicana en marzo-abril de 1938 que deixou 10.000 mortos entre os dous bandos. Neste Exército do Centro combatiron miles deses cataláns dos anos 30 dos que falaba Vilar; loitaron e morreron pola República española. Mesmo nas nosas escavacións en Abánades temos atopado insignias destes soldados coa senyera e a verba Catalunya. Os que non morreron en combate, foron fusilados coa derrota ou internados en campos de concentración e campos de redención de penas para erguer o Nuevo Estado. Cómpre non esquencer estas cousas, sobre todo como toque de atención a aqueles políticos ultramontanos que enchen o papo falando de deslealdade. Tamén cómpre repasar a campaña da dereita española contra a autonomía catalá na II República, ou o bando que eliminaba a Generalitat, ou o que se ensinaba aos nenos e nenas en 1939 trala caída de Catalunya. Nese senso, nada trocou. Basta con ler a prensa ultra de hoxe.

Vou no tren polos campos de Castela lendo un xornal que se fai eco da xornada de reflexión co gallo das eleccións catalás; acabamos de pasar o apeadeiro abandonado do lugar de Torquemada, perfeito topónimo que ilustra a lumieira condanatoria desatada polo patético goberno de España contra os anceios de autodeterminación de boa parte de Catalunya. No xornal aparece unha fotografía dos líderes de CIU pousando nas ruínas do Mercat del Born, o barrio destruído por Felipe V trala toma de Barcelona, previo paso para converter a cidade nunha urbe militarizada controlada polo castelo de Montjuïch e a Ciutadella. Todas as nacións (con Estado ou sen Estado) constrúen o seu relato reivindicativo ou lexitimador botando man dunhas ruínas arqueolóxicas que nos contan unha historia. O mercat del Born foi un dos primeiros espazos arqueolóxicos aberto por obras. O labor de divulgación desenvolto nos últimos anos neste espazo arqueolóxico coadxudou para convertelo hoxendía nun referente icónico-visual para unha maioría notable da sociedade catalá.

Calquer persoa cabal que pense historicamente sabe que a xornada eleitoral de mañá conduce merecidamente a unha nova ruína arqueolóxica: a do actual Reino de España.

Anuncios
Categorías: Lerias e andrómenas | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: