Sapiens, luego existo

Estivemos onte pola mañá no Museo da Evolución Humana de Burgos. Saes de alí cun subidón de moral, convencido de que és un Homo Sapiens capaz de todo, incluso de garantir o futuro da especie. Aínda que sendo máis práticos, un prefire ir ao Centro galego ubicado aos pés, mandarse unha Estrella Galicia e brindar pola evolución e todos eses antergos que quedaron polo camiño.

Coma noutros lares, o modelo Guggenheim serviu de inspiración para levar a cabo un proxecto, tamén político, que rematase cun agravio comparativo: a cidade do Arlanzón era a única de Castela e León que non contaba cuha grande infraestrutura cultural, cunha escenografía acorde cos novos tempos. Velaquí o resultado, cidadeculturesco. Un edificio desproporcionado ao que se lle adosan distintas infraestruturas, coma o unha sorte de forum da evolución que na realidade é unha cafetería con ventanais tan propia dos círculos mercantís da vila pequena (estou pensando no de Monforte de Lemos, por exemplo). O Museo conta con catro prantas das cais sobran, realmente tres. O soto é onde se expón a paisaxe arqueolóxica da Serra de Atapuerca cos fósiles e obxectos orixinais. O visitante pode pasar unha hora enteira mirando para as súas orixes. Despois disto, un xa desconecta bastante, por non dicir de todo, nas seguintes prantas, onde se vei que non había contidos dabondo para todos. A segunda pranta é todo un despropósito cun inmeso espazo baldeiro e unha sorte de libraría-cafetaría.

É un sentir xeralizado (entre a xente cabal) que a cidade de Burgos non pode soster unha infraestrutura deste estilo abocada a recibir, coma unha sinxela aula didáctica, escolares de colexios e institutos. Novamente os gurús e políticos pretenden competir coa catedral (xa sexa en Burgos ou en Compostela), cando non se dan de conta que isto non deixa un can na economía dunha urbe que segue xirando arredor da sé, goste ou non.

Nos baixos fondos burgaleses corre anecdotario vario sobre a metahistoria deste proxecto. De todo o que me foron contando fontes fidedignas quedo co papelón do arcebispo de Burgos, convidado á inauguración dun centro darwinista. O crego non miraba con gusto as facianas simiescas de Miguelón e compañía. Así e todo, cando a comitiva chegou á recreación do Beagle, o barco no que Darwin percorreu o mundo e definiu a súa teoría evolutiva, o arcebispo experimentou un certo alivio e esbozando un sorriso convencido exclamou: ¡ay que bonita os quedó el arca de Noé!

Interesante o repaso individualizado á historia do achádego dos principiais fósiles de homínidos atopados no mundo, con información actualizada. Un deles leva o nome científico de Sahelantropus tchadensis. Foi bautizado deste xeito tan pedante por arqueólogos franceses. Esta é unha manía moi propia de nós, os arqueólogos. Nomeando as cousas semella que as coñecemos, pero non. Pasando olimpicamente dos científicos tan científicos, o cráneo desde antergo coñécese popularmente no Chad como Toumaï, que é o nome que levan os nenos nados antes da estación seca. Na lingua local Goran significa esperanza de vivir.

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: