Funergal vs Culturgal

Na feira de San Martiño vendíanse clásicos da literatura galega a 1 euro; pousados en cestos de vimbio, podías levar para casa o mellor de Dieste, Castelao ou Otero Pedrayo, nesas fermosas edicións setenteiras e oitenteiras de Galaxia. A ambos os dous lados, postos de mel e de promoción de razas autóctonas de vacún. A cultura galega de saldo.

Na feira Funergal (de produtos e servizos funerarios) celebrada en Ourense recentemente promocionouse o cadaleito bañado en ouro Serie Gold, destinado ao mercado dos plutócratas rusos. A feira estaba petada. Normal, ali estaban todas as parroquias, tanto as dos vivos coma dos mortos.

Moita xente, incluído o goberno deste país, favorece a morte da cultura galega, prefiren a rendibilidade dun Funergal á dun Culturgal. En fin, son os tempos que corren.

Este sábado, ás 19:00 horas, na Tenda do Culturgal no Pazo de Congresos de Pontevedra, firmaremos exemplares de Herdeiros pola Forza. En ausencia forzada por lesión de Manuel Gago, Xurxo Ayán garabateará polos dous.

 

Anuncios
Categorías: Herdeiros pola Forza | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: