Unha Prehistoria de película

prehistoria

Beatriz Comendador, no seu blogue compartido de pasadoreciclado, leva tempo amosándonos as relacións entre o cinema e a prehistoria. Foi ela quen nos deu o aviso sobre a exposición que sabiamente  organizaron os técnicos do Museo de Prehistòria de València. Unha auténtica gozada. Resulta curioso como converxen casualmente as cousas. Nos últimos meses estamos levando a cabo unha revisión da vida e obra do polémico Carlos Alonso del Real, catedrático de Prehistoria na USC entre 1955 e 1981. Este home era un cinéfilo empedernido e sempre colaba nas súas clases e conferencias referencias encol da recreación dos tempos prehistóricos no cinema, sobre todo cando andaba Raquel Welch polo medio, claro. Certamente, os carteis das películas dende os anos 40 caracterízanse pola presenza dunha muller primitiva exuberante e do máis sexi, cun toque pin up tan de moda nos nosos días. Racha o panorama rijosín o petrucio e entrañable filme de cine mudo His prehistoric past de Charles Chaplin (1914), unha delicia.

One_Million_Years_BC

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, Lerias e andrómenas | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: