Un pobo sen Historia?

pic

Carmen Gloria Rodríguez aprendeunos hoxe moito. Amosou o proxecto de xestión integral da Cueva Pintada en Gran Canaria, un poboado prehispánico habitado entre o século VII e o século XVI d.n.e.  establecido a rentes dunha cova con pinturas rupestres.  Este proxecto recibiu o premio Hispania Nostra á conservación do Patrimonio como factor de desenvolvemento económico e social, e con razón. Toda unha fonda reflexión teórica podía entreverse detrás da marabillosa conferencia: activismo cultural, compromiso, integración, sentido de pertenza, a necesidade de escoitar aos públicos, a accesibilidade emocional, a paixón, a necesidade imperiosa de contar e emocionar. Todo isto explicado por unha especialista en ictiofauna (restos de peixe no rexistro arqueolóxico). Quizabes por iso coñece a necesidade de apreixar os pequenos detalles, algo básico na aprendizaxe da historia. O símbolo de Cueva Pintada é un monicreque que representa unha belida rapaza, de nome, Arminda. Esta muller existiu. As crónicas contan como eran as mulleres as encarregadas de levar a cabo certos rituais, como as anteditas pinturas rupestres. Cando chegaron os casteláns á illa, o xefe local cedeu a soberanía entregando a Arminda ao novo poder. A rapaza foi rebatizada co nome de Catarina. Dende aquela tivo dereito a posuír escravos e inxenios de zucre, a base da nova explotación colonial. A depredación tentou aniquilar a cultura guanche, rexeitando a identidade local. Algo semellante acontecería séculos despois na Guiné ecuatorial. Alí coñecimos un rapaz que en lingua fang se chamaba N’tutum, que quer dicir arco da vella. O seu nome oficial é José Ignacio.

Arminda é o símbolo de moitas cousas, da verdadeira Arqueoloxía na que cremos. O equipo de Cueva Pintada, xunto coa empresa El ojo de arena, gravaron na praia unha monumental Arminda. O colonialismo e a historia escrita polos vencedores tentou borrar a existenza daquela xente, tal como a maré e o vento esvaeceron esa escultura efémera na area. A interpretación do Patrimonio tamén é unha arte efémera pero que deixa nas xentes do presente unha pegada inesquencible no maxín, isto é, no corazón.

2146646504_6fc8c85b7e_z

 

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas | 1 comentario

Navegador de artículos

Un pensamiento en “Un pobo sen Historia?

  1. Gracias a Manolo Rey acabo de descubrir A Lucenza do Abade y desde Cueva Pintada queremos darte las gracias por este Post que es un auténtico regalo. La lejanía hace que a veces perdamos la perspectiva y llegar hasta las tierras lejanas del continente y saber que podemos cautivar con la propuesta es un aliciente.
    Un abrazo muy fuerte desde Gáldar, en un día soleado pero de atmósfera algo turbia… el viento del Este se ha empeñado en traernos algo de tierra africana hacia las islas 😉

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: