A ruta do despilfarro

NadalnoGaias

Xente do común vén de organizar unha ruta do despilfarro en Valencia. Unha nova iniciativa turística para amosar a vía española ao desenvolvemento. Un percorrido, ao xeito do Follonero, polos equipamentos erguidos cos cartos de todos os pagáns. A historia tivo tanto éxito que un equipo da BBC gravou unha reportaxe que obviamente chegou a todo o mundo. Isto é o que se chama posta en valor do Patrimonio. A polémica está servida en Valencia. Antonte, a incorruptible (como o brazo de Santa Tareixa) Rita Barberá denunciou publicamente o caso e responsabilizou á extrema esquerda (Compromís) de promover unha imaxe lamentable da Comunitat Valenciana que non se corresponde coa realidade. Semella que esas escenografías do despilfarro non son tanxibles, non existen, son cousas de extremistas desleais que prexudican á comunidade. Polo de agora, a Embaixada española no Reino Unido solicita desculpas por parte da BBC pola emisión da reportaxe (sic). Coas retalladas aprobadas polos políticos corruptos, en 2013 cada cidadán da Comunitat recibirá dous céntimos en investimento cultural. Mentres tanto, no Parlament un deputado do PP saca fotos no escano da toma de posesión da súa filla como deputada. Os Balcáridas do Mediterráneo.

Nas xornadas organizadas polo Museu de Prehistòria de València defendimos a seguinte tese: no caso galego deuse un modelo de xestión do Patrimonio arqueolóxico colonial burocratizado durante a autonomía. A chegada dos fondos europeos, o extremo localismo, a inútil clase política e unha prática de emulación de modelos alóctonos inzaron o país de equipamentos culturais  non sustentábeis dende a súa inaguración, entre outras cousas porque foron proxectos dirixidos dende arriba deixando á marxe ás comunidades locais. As consecuencias deste modelo son materiais, tanxibles, están á vista. Na presentación fixemos un percorrido polas ruínas arqueolóxicas deste desastre promocionado polas administración: museos e aúlas didácticas que destrúen aquilo que teñen que interpretar, centros de interpretación abandonados, casas de turismo rural que na vida acolleron un hóspede, monumentos xestionados por un garda xurado e un gato, centros comarcais abandonados no medio da nada, a Cidade da Cultura, parques arqueolóxicos sen inaugurar pero que reciben a visita dos políticos en eleccións prometendo centos de miles de euros, Patrimonio arqueolóxico que aparece vencellado á imaxe de marca na publicidade insititucional é que leva abandonado dende non se sabe cando… Galicia viu destruído o seu tecido produtivo coa entrada en Europa e, en troques, recibiu millóns e millóns de euros para reconvertir o país e garantir a súa supervivencia. Por iso é tan grave este modelo de xestión. Na segunda parte da presentación amosamos como á  marxe da oficialidade xurdiron procesos de patrimonialización dende abaixo que si garanten a sustentabilidade do turismo arqueolóxico e do propio patrimonio arqueolóxico como elemento de vertebración e cohesión territorial. Pero disto falaremos outro día. O que está claro é que, como en Valencia, o pensamento totalitario que goberna Galicia considera calquer análise crítica da realidade coma un arrebato de xente extremista que quere facer dano ao país. Os científicos sociais, os técnicos, os xornalistas só teñen que ser títeres de políticos malpocados, teñen que mirar para outro lado e facer como que non ven. Unha maneira como calquer outro de facer país.

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, Lerias e andrómenas, Paisaxes | 1 comentario

Navegador de artículos

Un pensamiento en “A ruta do despilfarro

  1. Paloma Vidal

    Hola Xurxo,
    Sóc Paloma Vidal, una estudiant de doctorat interessada en els estudis etnoarqueològics de l’ús i gestió de recursos forestals en societats preindustrials per mitjà de l’antracologia i l’arqueologia del paisatge. Vaig estar d’assistent a les Jornades de Patrimoni Arqueològic del Museu de Prehistòria de València i em va agradar molt la teua conferència. És una bocanada d’aire fresc quan sents una conferència que destaca per ser diferent a allò que estás acostumada a sentir sempre des d’un esperit més burocràtic o estandaritzat. I cal més esperit crític i autocrítica dins del món de l’arqueologia…
    Vaig anar-me’n de pressa l’últim dia però m’hauria agradat felicitar-te en persona. De fet, em va picar la curiositat participar en una excavació d’un castro. Estem tan centrats en allò que tenim davant nostre que, de vegades, no se n’adonem de les coses tan interessants que n’hi ha un poquet mén enllà. Per això volia preguntar-te: sabries dir-me excavacions per Galícia de cara al 2013 on poder participar?
    Et deixe el link del blog d’una associació, Piratas de la Ciencia, on intentem donar una visió més interdisciplinar i connectada entre diverses branques científiques:
    http://www.piratasdelaciencia.com/blog/

    Que vaja bé!

    Paloma Vidal

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: