The King’s Speech

SPAIN-CEREMONY-PASCUA-MILITAR-ROYALS

O Glorioso Exército Nacional só gañou unha guerra no século XX, a provocada por un fato de sádicos militares africanistas contra o seu propio pobo. Dende a Victoria, España foi o cortijo dun privilexiado estamento militar, dono de facendas e vidas, garante de non se sabe moi ben que. Despois de termos aturado a súa tutela na transición democrática, os xeneralifes acougan en democracia, desfrutando dos trebellos e das guerras que lles pagamos todos. Na Pascua Militar alí tiñamos a toda esa recua de salvapatrias coa ferralla pendurada do peito, como se algunha vez tivesen gañado algo. Non, a cúpula militar non forma parte dos 100 mortos pola Patria en Afganistán nin sabe nada dos 3000 millóns soterrados no deserto afgano. E aínda así, segundo o Ministro de Defensa, están  tranquilos e serenos, aturando provocacións. Abraiante. Semellaba que estabamos a ler un titular do ABC en marzo de 1936. O Exército español sempre lle tivo medo á democracia, a Catalunya e ás Vascongadas. Así de triste; así de certo. O Exército español sempre estivo aí para repoñer esta saga borbónica, asaltando Parlamentos (1874), provocando unha guerra civil (1936), decretando sucesións (1969)…

O xefe desta xente, El Rei de España (ou mellor dito, os que pensan por el) fixo un ridículo espantoso o outro día nunha sorte de parladoiro minutado, plantexado coa fin de mellorar a súa imaxe (sic). Quedou pior có suposto xornalista que xesticulaba espasmodicamente escarranchado nunha incómoda cadeira mentres gababa o personaxe ao que supostamente tiña que entrevistar. A desconexión coa realidade do aparato propagandístico borbónico é delirante. Malia estaren preparadas as respostas, o monarca envorcaba en lugares comúns e seguía reproducindo un discurso de hai 30 anos. Coma un papagaio voltaba co Rei de todos os españois, a lacra do terrorismo, a xeración mellor formada da historia de España, o papelón do seu pai (a pesar de lo que dicen algunos libros), a pena que lle dá a marcha da xuventude española á emigración, é a hora da política con maiúscula; incluso dixo que estaba en plena forma.

Cómpre vertebrar o Estado, estarmos unidos. A fórmula máxica de Don Juan Carlos para enriquecernos todos urdangarinamente. Esta pobre España invertebrada, que diría Ortega. Que decadente, todo.

Cando o NODO vén de ser dixitalizado, a TVE (pública), semella que lle colleu placer a isto do totalitarismo e a propaganda e vai e complementa os riseiros vinte minutos da conversa de La Zarzuela cunha delirante reportaxe xeracional. Pola tele apareceron persoeiros da Nación, de 75 anos de idade, explicando o ben que se fixeron as cousas. Entre os que daban leccións a cinco millóns de parados estaban o presidente de Telefónica e o presidente do BBVA.

Mentres tanto, o Reino de España descobre a tiranía da dinastía baltárida, Rato segue medrando como tiburón, agora destinado en Sudamérica, unha señora inepta, alcaldesa non elixida por ninguén, encabeza unha comitiva de non sei canta xente para pedir unhas Olimpiadas en Madrid, e o actual presidente de Galicia homenaxea a un expresidente de Galicia, Gerardo Fernández Albor, solventando así unha inxustiza histórica (esta si, e non a dos republicanos asasinados estrados en foxas comúns e cunetas). Ao estilo da xerontocracia soviética, aquí ninguén é responsable do fracaso autonómico galego. Todo o contrario, medallas para tododiós mentres o país morre, a xente emigra e bastantes políticos rouban.

Definitivamente, Galicia non é país para mozos.

Anuncios
Categorías: Lerias e andrómenas, O mellor do País | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: