Guías para guías no Gaiás

Imagen2

A comezos do século XX, nunha visita a unha cova prehistórica con arte rupestre en Francia, André Breton mantivo unha acalorada polémica co guía do sitio arqueolóxico. Aquel debate trascendeu e os arqueólogos académicos pronunciáronse publicamente a prol do guía da cova. Pero a discusión tivo outras consecuencias, servindo de punto e arrinque a cousas avangardistas como o dadaísmo. Este venres pasado fomos convidados pola Asociación de Guías Profesionais de Galicia para participar na IV Xornadas de Recursos Atlánticos. Alí contamos a nosa experiencia explicando os castros in situ a moitos públicos diferentes durante moitos anos. Esta traxectoria lévanos a a constatar dúa realidades certas: a xente procura un contacto físico co pasado e os castros semellan ser restos mudos que agardan a seren interpretados. A este respecto, o papel do bo guía é insustituible polas novas tecnoloxías, os centros de interpretación ou as reconstrucións in situ. Os castros seguen sendo espazos vivos por iso necesitan de intérpretes que transmitan toda a complexidade destes sitios arqueolóxicos, que agudicen na xente o sentido de lugar. Sen embargo os modelos de xestión do Patrimonio Cultural en Galicia apostan, dende hai anos, polo despilfarro en escenografías arquitectónicas baldeiras ou pechadas, polos plans directores custosísimos co gallo de encetar rehabilitacións arquitectónicas… As administracións pensan que con recrecer os muros e erguer unha aula didáctica xa está. Nesta dinámica, os afamados recursos humanos non contan. Os intérpretes son minusvalorados cando o seu traballo é a esencia da posta en valor do Patrimonio. Só así se explica que se prescindira durante meses do arqueólogo e guía de Dombate, alma mater da divulgación do Patrimonio en Cabana de Bergantiños durate máis dunha década. No Centro de interpretación de Dombate únicamente había un garda xurado e un gato. Pero máis delito ten o da propia Cidade da Cultura con guías da exposición Gallaecia Pétrea que podían saír de extras en Los Miserables, cobrando 800 euros, mentres burócratas, comisarios de exposicións e políticos se levantan moitos miles de euros.

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: