No Campo de Marte

Imagen1

Castro de Elviña no ano 1955.

Presentamos onte no serán Herdeiros pola Forza na biblioteca de Montealto grazas ao convite dos Amigos do Arqueolóxico, da Libraría Sisargas e do Proxecto Cárcere. Esta biblioteca ateigada de xente vai pechar pola desidia e a saña duns políticos infames. O baril Xurxo Souto iniciou o acto cun marabilloso introito no que convidaba a soñar a rentes do Atlántico. Con guerreiros coma este é normal que este solar de Montealto leve o microtopónimo de Campo de Marte.

Os libros chaman aos bos libros, a esas Voces Baixas de Manuel Rivas. Na presentación de hoxe empregamos os recordos da infancia do autor ao sopé do castro de Elviña, como aquelas escavacións arqueolóxicas de fins dos anos corenta e comezos dos cincuenta deixaron unha pisada imborrable na comunidade local. O meu primeiro traballo de investigación tivo por obxecto precisamente o castro de Elviña, no ano 1999 co gallo da redacción dun amplo Plano Director para a posta en valor do sitio, cando se procuraba facer un parque arqueolóxico cunha Casa dos Antergos. Moito choveu dende aquela. Aquela experiencia permitiu facer un estudo integral sobre Elviña sistematizando toda a información disponible sobre o sitio. Naquel contexto, atopouse documentación inédita do arqueólogo Luis Monteagudo, o patriarca da Arqueoloxía galega.

Luis Monteagudo foi pensionado na Alemaña da postguerra por Xan de Forcados, o médico do Saviñao seguidor da Institución Libre de Enseñanza que mandou ao estranxeiro a elite científica e intelectual galega entre os anos 20 e 30 grazas á súa influencia da Junta de Ampliación de Estudios. Este home cría no progreso e a Modernidade a través da instrucción pública pero tamén defendeu a ultranza o Patrimonio cultural. El foi que acadou preservar a muralla de Lugo nos tolos anos 20 cando a ditadura de Primo de Rivera tentou derrubala. Pero esta é outra historia. Sexa como for, Xan de Forcados interesouse entre outras moitas cousas pola hixiene pública e a promoción turística antes da guerra civil española. Ese remorso quedoulle a Luis Monteagudo que en 1947-1948 escribiu esas notas anteditas baixo o título de Turismo en el castro de Elviña, cando se preservaba totalmente a paisaxe rural tradicional na parroquia de Elviña. Cómpre dicir qe este home que percorreu centos de museos en Centroeuropa en bicicleta é o primeiro en España, que saibamos, que fala literalmente da posta en valor do Patrimonio, empregando o coñecido galicismo. Nesas páxinas díse o seguinte:

La puesta en valor del castro de Elviña hay que enfocarla desde dos puntos de vista: científico (arqueológico) y turístico (económico).

El castro de Elviña no debe ser más que la base de la conversión de la ciudad de La Coruña en el principal centro de turismo arqueológico en la Europa atlántica; para ello hay que encuadrar en un vasto plan la vía romana de Casanova de Eirís, la necrópolis de túmulos dolménicos del Bronce I de Fontedouro, monte de Arcas y Zapateira (todo inmediato al castro de Elviña); también los castros de Nostián y Pastoriza (distantes menos de cinco kilómetros de Elviña), y los que flanquean las hermosas playas frente a la Ciudad Sonrisa. El ambiente de la ciudad de La Coruña (por su alegría profunda, sana y auténtica, que no hemos visto en ninguna otra parte de Europa), por lo menos en dos generaciones, no es propicio para la industria y sí para un productivo turismo. Esto, que es evidente al psicólogo, al historiador y al sociólogo, quizá no lo comprenda el economista, que, desgraciadamente, es siempre el que dice la última palabra.

Clarividente e coruñesista o señor Monteagudo, un home incómodo para o sistema. Na parte máis crítica do seu texto (inédito, claro) denuncia directamente los defectos actuales de la labor en Elviña. Entre estas carencias sinala as seguintes:

  • Falta de relación amistosa con los campesinos que durante la campaña de 1948 se interesaron por los trabajos vigilando la conservación de lo excavado.
  • Falta de información al pueblo de la Coruña.
  • Falta de exposición de piezas provisionalmente en el Museo de Bellas Artes.

Para deseguido ofrecer remedios a esta situación de falla de transparencia, de interacción coa sociedade; entre as solucións previstas van as seguintes:

  • Restablecimiento del pasado contacto amistoso con los campesinos para que sigan vigilando las ruinas y colaborando en las excavaciones y camino.
  • La Diputación no debe demorar la entrega de la exigua consignación pedida (e incluso ofrecida) para el camino, no sólo por la conveniencia de un pronto acceso fácil sino por el efecto favorable que tendría entre los vecinos.
  • Las piezas principales exhumadas en Elviña no deben permanecer más tiempo ocultas y desperdigadas por desidia.

Imagen2

Visita de sabios ás escavacións arqueolóxicas da Lanzada nos anos 60. Entre eles Luis Monteagudo (Arquivo do Museo de Pontevedra).

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, Herdeiros pola Forza | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: