Bienvenido Mr Martínez Santa-Olalla

Imagen 3

Por suposto, ninguén lle fixo caso a Luis Monteagudo, un home crítico e incómodo, que sería relegado da direción das escavacións en Elviña polo Comisario Provincial de Excavaciones Arqueológicas Jose Mª Luengo y Martínez. Cómpre lembrar que no Nuevo Estado, na súa etapa máis feixista, o chiringuito arqueolóxico estaba controlado por Martínez-Santaolalla, falanxista camisa vieja. Este home, canda outro moi venerado en Galicia a posteriori, Carlos Alonso del Real, foron os heroes que denunciaron a Julián Marías (fidel á República até a fin) acabando coa súa carreira académica. Tamén foron estes dous quen prenderon unha lumieira fronte ao museo Etnolóxico de Madrid, queimando libros darwinistas e vestidos de Falanxe. Como dixo Rivas, os libros arden mal.

Vemos nesta fotografía ao filonazi (mais homosexual) Martínez Santa-Olalla enxangado exercendo de tradutor a Himmler na súa visita a España. Este fenómeno rexirá con man de ferro a Arqueoloxía española até a caída de Falanxe e a entrada dos tecnócratas do Opus Dei nos gobernos franquistas a mediados da década de 1950. Neste contexto só podían ser Comisarios homes afectos ao Rexime, xente como Filgueira Valverde ou Luengo Martínez, fideis seguidores da obra do nazi antedito. A leitura etnocultural dos pobos prerromanos feita polo celtofeixista Sata-Olalla foi a Biblia que substituiu o paradigma chantado por Pere Bosch Gimpera, conseller da Generalitat exilado en México. De feito, todas as interpretacións que Luengo fai do castro de Meirás, Elviña ou a vila romana de Centroña sancionan obedientemente os postulados do Comisario General. Neste contexto, curiosamente, Luengo asume (mais ben plaxia) as ideas de Monteagudo sobre o parque arqueolóxico de Elviña e tenta levalas á prática dez anos despois. Como deixou escrito o propio Luengo (1975):

La importancia que para el estudio de la cultura céltica hispana tenían los descubrimientos efectuados en el Castro de Elviña movió al entonces Comisario General de ExcavacionesArqueológicas, profesor D. Julio Martínez Santa Olalla, a proponer la celebración en dicho Castro del III Concurso Nacional de Arqueología de Campo y del I Congreso Nacional de las Ciencias del Hombre, a las que asisitirían quince países extranjeros, y que habían de celebrarse en el año 1957, con el propósito de, en una sola campaña, terminar las excavaciones y convertir el Castro en Museo vivo, restableciendo en él, previa restauración, la vida con todo el ambiente céltico, rodeándole de los cultivos que tuviera en la época pre-romana, siendo este el primer ensayo que se iba a realizar en España.

Imagen 4

Este proxecto paralizouse coa morte do alcalde Molina en 1958. Daquel soñado parque arqueolóxico só se chegou a facer a reconstrución in situ de dúas cabanas do castro de Elviña. Velaquí tedes unha das escasas fotos (Luengo 1975) que inmortalizan esta iniciativa, durante a antedita visita consignada por Luengo e que tivo lugar en 1957.

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, Herdeiros pola Forza | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: