Hoxe en Carnota

CARTEL-PTO_-CIENTIFICO-11-687x972

A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGC CCT) celebrará este sábado, 9 de febreiro, unha gran actividade de divulgación científica e tecnolóxica aberta ao público xeral en Carnota. O evento, de carácter gratuito, desenvolverase nun ton lúdico e festivo, aproveitando a  celebración do Entroido. Deste xeito a Asociación pretende acadar un dobre obxectivo: achegar a I+D+i a un público non familiarizado cos temas científicos e tecnolóxicos e a zonas con escasa oferta de actividades deste tipo.

Esta iniciativa forma parte da programa anual da AGC CCT e diríxese a tódolos públicos sen previa reserva.

Ás 12.00 horas terá lugar unha visita guiada á Torre dos Mouros. Manuel Gago, xornalista eXurxo Ayán, arqueólogo e membro da ACG CCT, serán os encargados de explicar aos asistenes a historia deste singular xacemento. O punto de encontró será o monumento a Castelao en Lira.

Ás 17.00 horas en Portocubelo (diante da Lonxa de Lira) comezarán as charlas e os obradoiros gratuitos de ciencia para tódolos públicos. Esta proposta, eminentemente didáctica e participativa, estará coordinada polos socios da AGC CCT e consta de seis mini-pílulas de ciencia e dun obradorio sobre as ciencias mariñas. A actividade durará ata as 18.30 horas. No caso de chuvia o Punto realizarase no interior da lonxa.

Os temas

As charlas de divulgación versarán sobre temas moi variados.

O arqueólogo Xurxo Ayán participará con “ Escribiuse un crime: arqueoloxía dun camposanto”; o astrónomo Borja Tosar con “Postal planetaria dende Marte”, o microbiólogo Esteban Fernández con “De camping coas bacterias”, o neurocientífico Casto Rivadulla con “Ata canto sabes contar?” o químico Manuel Vicente con “O home apático” e a científica mariña Luisa Martínez con “Entroido Mariño” e o físico Pío González con “Biomateriais”.

“Trátase dunha ambiciosa proposta, de carácter multidisciplinar, a través da que pretendemos facer, por todo o alto, a nosa posta en escena anual no marco do noso compromiso de difundir as cuestións científicas, a innovación e a tecnoloxía ao público xeral”, explican os membros da Xunta Directiva da Asociación, quenes adiantan que ademais o 22 de febreiro a AGC CCT participará na Coruña no Festival por Amor ao Arte.

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, Lerias e andrómenas | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: