Imposible meterse no Allo

ZAS-PAZO-TORRES

A promoción turística do Patrimonio é unha falacia no NW peninsular. Xa se sabe que entrar nunha fortaleza é complexo, para algo se fixeron, senón que llo pregunten aos Irmandiños. O problema é cando se engana ao cidadán. Temos un amplo curriculum como visitantes decepcionados. Este Nadal sen ir máis lonxe, fomos todos fachendosos cos sobriños visitar o castelo de Ponferrada un día de semana e, por suposto, estaba pechado. O principal recurso patrimonial da cidade no que se investiron millóns de euros pechado en temporada alta por non se sabe moi ben que motivo. Nesta Semana Santa tocoulle o turno ás torres do Allo. Vemos un anuncio a toda páxina no xornal no que a Deputación de A Coruña convida a visitar os bens patrimoniais que xestiona, entre eles as Torres do Allo. Ao día seguinte chantámonos nas torres do Allo. Estamos en hora. A porta fechada. Anotamos un número de teléfono apuntado nun panel explicativo. Unha rapaza infórmanos de que o edificio está pechado por obras (sic). Non se ve un andamio, un valo de obra, unha caseta por ningures…

A sinalética  que podemos ver aquí ou na veciña ermida de San Pedro do Allo abrangue un total de seis logos, de seis institucións públicas e entidades incapaces de xestionar un recurso patrimonial público, e proclives á mentira e ao engano, incluso en temporada alta. Isto é o que se chama Xestión Integral do Patrimonio.

 

 

Anuncios
Categorías: O pior do País | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: