Baixo o paraugas da República

2013-04-15 10_57_29

Unha ex Miss manchega millonaria, metida a política, tratando de nazis á xente do común. Políticos que organizan actos patéticos de autoafirmación para declarar que eles non teñen a culpa do que pasa e que son moi necesarios. Un monaguillo metido a ministro de Xustiza. Un país enteiro que lle está (estamos) a pagar o avogado a unha princesa. O ronco Varela reñindo a todo un Estado. O señor dos Peares nun iate cun narcotraficante, perdón, cun contrabandista. Baltar Júnior pobre de solemnidade… E así todos os días neste curruncho do mundo. Pensaba isto cando se achegaba o 14 de abril, mentres chuviñaba no teito do faiado. Estaba a piques de botarlle unha ollada ao libro Castelao en Cuba, de Xosé Neira Vilas. Un clásico, todo un documento da Historia contemporánea de Galicia, a prezo de saldo. Neste libro o autor afonda na estadía de Castelao na illa do Caribe entre novembro de 1938 e febreiro de 1939. Alá foi o rianxeiro para recadar fondos para a causa republicana. Entre os testemuños recolleitos no volume, sobrancea a entrevista mantida por Neira Vilas con Luís Soto en 1977. Luís Soto foi o acompañante de Castelao nesa xeira. Cito textualmente (Neira Vilas 1986: 246):

-¿É certo que se rifaban os dibuxos de Castelao nos actos?

– Certo. Con elo tamén se acadaban fondos. Castelao dibuxaba moito. Eu puiden terme quedado cunha chea de dibuxos del, pero dabámosllos aos amigos. Quedeime somentes con un cuio tema é a guardia do Presidente da República Galega, en Santiago de Compostela; trátase de soldados que levan paraugas en vez de fusiles. É un dibuxo moi significativo…

Paraugas en vez de fusiles. Xenial, novamente, Castelao. Marcho cun sorriso para cama. Seguen a caír chuzos de punta en Compostela. Esbagoa a Berenguela.

Saúde e República.

Fotografía: paso de cebra no campus sur da Universidade de Santiago de Compostela. Hoxe.

Anuncios
Categorías: Arquivos do Trasno, Lerias e andrómenas | 1 comentario

Navegador de artículos

Un pensamiento en “Baixo o paraugas da República

  1. Pois a conta dos paraugas. Non lembro o lin ou me contaron que canda a guerra en Buenos Aires creáronse dous grupos tamén con cadanseu local social, un bar, pero foron cadrar na mesma avenida e case frente por frente. De xeito que podían saudarse e acera a acera con apelativos e epítetos diversos. Pero seica un día de calor porteño, os do bar republicano entraron a tomar o café de despois de comer con cadanseu paraugas na man. Ó chegar a hora dada (eu penso nas 5 da tarde, pero non creo que me dixeran esa hora, sería bonito de máis) dous cortaron o paso ós coches, os outros invadiron a todo correr o bar dos facciosos, pecharon a porta e… abriron os paraugas para lles dar mala sorte. Eu francamente non sei por onde tomalo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: