Pepito Meijón (I)

Subida2

O arqueólogo marinense Álvaro Arizaga, cicerone da andaina ao castro da Subidá, organizada por Queremos Gaelgo Marín nas I Xornadas sobre o Patrimonio.

Un consejo: cuando vayas a Roma, tócalo todo; en muchos casos los dedos te trasmitirán sensaciones tanto o más profundas que los ojos.

Blanco Freijeiro (2002: 16).

Abrimos estas I Xornadas sobre Patrimonio en Marín coa mesma cita que empregamos en marzo de 2009 co gallo da celebración das VIII Xornadas Blanco Freijeiro. O vello catedrático de Arqueoloxía sabía ben do potente atrativo que fornece o contacto físico co pasado, o sentir as pedras e as cousas de antes. Esta necesidade de apreixar o tempo dos antigos atópase no cerne poético da loita da sociedade civil pola defensa e valorización do patrimonio. Este proceso de patrimonialización pódese seguir perfeitamente no caso da península do Morrazo. Para amosar esta realidade imos retomar unha figura que xa coñecemos nesta nosa peculiar viaxe canda un libro. Estámonos a referir ao descubridor do petróglifo de Castriño de Conxo, don Ramón Sobrino Lorenzo Ruza. Este aparellador herdou de seu pai (autor do Corpus Petroglyphorum) a afección pola procura de gravados rupestres e unha fonda angueira autodidacta. Colaborador no seu día do Seminario de Estudos Galegos, Ramón Sobrino era un fidalgo de pazo que pasou a formar parte na postguerra da reducida elite intelectual conservadora que se encargou da Arqueoloxía galega. Estes homes protagonizaban achados arqueolóxicos, descubrían para a ciencia petroglifos e castros, como se eses entes fosen uns descoñecidos na paisaxe para a xente do común. Nesta liña Ramón Sobrino (1954: 200) deu a coñecer ao mundo académico, na seguinte nota nunha revista académica madrileña, o castro da Subidá, en Marín:

Marín (Pontevedra): Parroquia de San Jorge de Mogor. “A Subida”. Conchero y citania. Encima de la capilla denominada Das Sete Espadas, cuya romería se celebra los días 24 y 25 de julio de cada año, sobre un grupo de casas y a unos 200 metros se encuentra u conchero de unos 12 x 5 m, y a poca distancia de él el sitio denominado A Subida, e parte una concavidad del monte, en parte también extramuros del recinto murado, en el cual se emplaza, se ven restos de casas, siendo imposible precisar sin son angulares o redondas. La citania se encuentra atravesada por un estrecho camino, entre dos muros, tan estrecho que sólo permite el paso del ganado menor, probablemente cabras. A este camino le denominan A Caneixa. La citania se encuentra rodeada en toda su extensión por una muralla de escasa altura, y bastante ancha. En la ladera este del monte, y por fuera de ella, unas construcciones modernas, de las cuales solamente se hicieron las excavaciones de zanjas para cimientos, han puesto al descubierto restos de casas. El Sr. López, llamado López, o das sete espadas, nos muestra molinos romanos y nos da varios trozos de cerámica, el mismo tipo ya conocido de los castros gallegos, encontrados en el conchero (Lámina LXV). 23-IX-1951. R. Sobrino Lorenzo Ruza.

Grazas ao interese da familia por publicar o leigado deste home, coñecemos o diario de campo no que Sobrino consignaba as súas exploracións arqueolóxicas, financiadas do seu peto, todo sexa dito. Por estas saborosas páxinas escoan referencias (na lingua do país, diferente da lingua da ciencia) ao mundo do imaxinario labrego, como pequeñas pílulas a rodapé que se misturan ás veces involuntariamente nun texto domeado polo ton cientificista e académico. Eis aquí unha mostra:

19 de Octubre de 1949

Voy a ver la piedra. Está desecha. En una peña próxima descubro un círculo muy desvanecido, el sitio se llama “Pedra do Encanto”, As Lamas, monte da Fraiz, parroquia de Villestro. Los rapaces decían que eran “tixolas” (sartenes). Cuando estaban metiendo los grillos para partirla, el trabajo era penoso y el dueño (R. Adrán) dijo: “O encanto da pedra fai forza para fóra”. Llegó mamá bien.

O día 23 setembro de 1951 é cando Sobrino topa co castro da Subidá: ¡Es una citania! Participo a Filgueira y a García Alén del hallazgo. Como podemos comprobar, o coñecemento transmítese de eruditos a eruditos, sen que exista ninguha angueira de comunicación patrimonial cara á sociedade.

Subida1

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, Herdeiros pola Forza | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: