Pepito Meijón (II)

386855_465646080171674_1436308332_n

Álvaro Arizaga explicando un gravado rupestre na subida á Subidá. Andaina organizada por Queremos Galego Marín.

Seguían sendo os tempos nos que aras romanas e restos arqueolóxicos pasaban a decorar xardíns de bispos, fidalgos e caciques, sempre en aras da correcta preservación dun patrimonio en mans duns poucos elixidos:

1 de Octubre de 1951

Traslado del petroglifo “Laxe das Picadas” desde Montecelo (tomada de Rey Domínguez) a nuestra finca. Queda colocado junto al sitio de las antiguas colmenas. Gastos. Carretero 50 pts. Canteros 2, a 30: 60 en total. Total 110,00 pts. ¡Está en seis trozos, pero a salvo de toda depravación!

Sobrino procuraba que o seu labor fose recoñecido por esa ciencia arqueolóxica nacionalcatólica que amosamos no capítulo de A Barbarie tribal. De feito, participa nun dos primeros eventos científicos que teñen lugar coa entrada da España franquista na UNESCO, o primeiro chanzo na apertua internacional da ditadura. Referímonos ao Congreso de Arqueoloxía de Campo que tivo lugar en Santander en 1955, onde consolida a súa colaboración cun exmembro da División Azul, o camisa vieja Carlos Alonso del Real, que ese mesmo ano se traslada a Compostela como catedrático de Prehistoria. Ambos os dous levarán a cabo escavacións arqueolóxicas en mámoas do Morrazo, na contorna do lago de Castiñeiras, alcumando lago Ilmen pola Organización Juvenil Española, en lembranza da paraxe na que se batera a División Azul na contorna de Leningrado.

Os restos asoellados nesas escavacións arqueolóxicas quedaron amoreados no Museo de Pontevedra, secuestrados polos especialistas até que mudou o modelo de xestión do patrimonio na transición democrática. Será daquela cando xoves alumnos da Universidade de Santiago comezarán a revisar eses datos e a publicalos, coadxudando a que O Morrazo ocupase un posto senlleiro no discurso científico sobre a Prehistoria galega. Un segundo proceso veu a mudar a situación: a participación cidadá na investigación arqueolóxica. O Museo de Pontevedra creou no seu seo o grupo García Alén, formado por afeccionados que contribuiron co seu traballo voluntario nas prospeccións e escavacións arqueolóxicas en sitios arqueolóxicos do Morrazo (Peña Santos 2008). Neste contexto tivo lugar a primeira intervención no castro da Subidá da man de amateurs que hoxe serían vistos pola Administración como furtivos, uns furtivos que deixaron escrito o seguinte:

El yacimiento fue visitado por furtivos en varias ocasiones, que provocaron la total desaparición del muro exterior, el levantamiento del piso de la casa, el destrozo total del hogar y parte del muro de la casa circular. Asimismo, desaparecieron varias piezas, entre ellas el molino plano, etc. Ante esto se tomó la decisión de no proseguir la excavación por miedo a nuevos destrozos y expolios.

Perante isto, cómpre preguntar: quen son os furtivos? Os arqueólogos nacionalcatólicos nos anos 50 que fochancaban sitios arqueolóxicos á marxe da sociedade, sen publicar ren, ou estes amadores do preocupados polo patrimonio de fins dos anos 70? Sexa como for, o proceso de burocratización na xestión do patrimonio nas dúas últimas décadas fixo desaparecer o compromiso activo dos afeccionados. Unha variable máis para explicar o desleixo do patrimonio arqueolóxico nos últimos tempos. Mentres a Administración e a Academia fitaban de esguello, o castro de Subidá sufría agresións constantes. Cando FENOSA instalou na croa do castro unha torre de alta tensión, emulando o exemplo de Elviña, os únicos que denunciaron os feitos foron os membros da Asociación Comercial de Marín (Santos Pena 1997). Finalmente a situación revertiuse nestes últimos anos pola presión do asociacionismo local, acadando que se invistisen fondos europeos na limpeza e acondicionamento da área escavada do castro da Subidá; por primeira vez o castro deixaba de ser patrimonio de especialistas para converterse de novo nun espazo aberto ao público en un recurso turístico de pleno dereito para a xente de Marín. Ninguén a día de hoxe dubida do valor patrimonial do castro da Subidá. Non acontece o mesmo coa obra do derradeiro gravador rupestre, nado en Marín…

407036_465646263504989_1476803256_n

Fotografía de Queremos Galego Marín.

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, Herdeiros pola Forza, Sin categoría | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: