De pota madre

303056_380973092021020_922065144_n

Onte ao serán, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, o compañeiro Carlos Otero Vilariño abriu cunha charla maxistral o ciclo de conferencias organizado pola Fundación Terra Termarum e a Deputación de Pontevedra co gallo da exposición A cerámica castrexa en Galicia. Investigación e recuperación. Carlos fixo un percorrido polos trece anos que dura xa a experiencia de Castrolandín, dende aquela primavera de 200o cando o castro estaba cubertO por unha mesta vexetación de piñeiros e monte baixo.

Na segunda metade da década de 1990 a Asociación de Amigos dos Castros de Cuntis (Pontevedra) desenvolveu voluntariamente un arduo traballo de protección e divulgación do patrimonio arqueolóxico local, dende a recolleita sistemática do imaxinario popular vencellado aos sitios arqueolóxicos, pasando por negociacións coas comunidades de montes para que non repoboasen áreas arqueolóxicas, até a organización de ciclos de conferencias e cursos de formación. No ano 2000 acadan a cesión por corenta anos do castro de Castrolandín, invisibilizado por unha prantación de piñeiros. Esta Asociación, coa asesoría científica do, daquela, Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais da USC, desenvolveu todo un programa de limpeza e acondicionamento do xacemento que culmina en 2001 coa recuperación da festa de San Xoán no castro, unha tradición perdida na inmediata postguerra.

IMG_5098[1]

Este éxito inicial levou á creación desta Fundación Terra Termarum Castrolandín[1], unha entidade local que preservou até hoxe a súa autonomía, servindo de ferramenta para a xestión do sitio por parte da comunidade local. Este proceso de empoderamento non só garantía a conservación do castro de Castrolandín, senón que creou un contexto propicio para o investimento de fondos europeos. A través do proxecto A Auga dos Mouros, puidéronse levar a cabo escavacións en área (2004-2009) e encetar un ambicioso proxecto de posta en valor. Dende entón, a Fundación Terra Termarum, co apoio do, agora, Instituto de Ciencias do Patrimonio e da colaboración puntual de empresas de xestión cultural como Terceira Persoa, S.L., ten desenvolto iniciativas como a organización dun obradoiro permanente de cerámica castrexa, participou na creación do Museo Virtual da Cultura Castrexa[2], implementou o deseño de audioguías para levar a cabo visitas libres ao castro, programas de didáctica para escolares, un campo de traballo interautonómico no verao e incluso a integración nos labores de investigación de presos do Centro Penitenciario de A Lama (Pontevedra).

Esta experiencia de Castrolandín, que xa dura 13 anos, amosa os resultados a medio prazo dunha estratexia de xestión que parte do capital social e simbólico do patrimonio arqueolóxico. A recuperación do castro a través da participación cidadá non só preservou o sitio (non está pechado) senón que tamén xerou un novo recurso turístico nun pequeno núcleo de poboación que unicamente contaba cun recoñecido establecemento termal como fonte de explotación económica. Neste senso, Castrolandín é un pioneiro proxecto dende abaixo no que a imposición de políticas de desenvolvemento deixou paso á mediación entre Administración, ciencia, empresa e comunidade local.

TT3

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, O mellor do País | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: