Archivo mensual: julio 2013

El gentilar de Turi

Apacheta 03b

Onte rematamos o noso traballo na vella cidade de Turi. Xa sabedes que é o fogar dos avós e por iso a comunidade atacameña de Turi-Ayquina non deixa, polo momento, nin facer escavacións nin recoller material arqueolóxico en superficie. Os obxectos que levamos ao laboratorio para fotografar e analizar foron devoltos ao seu contexto orixinario. Estu falando de doas de turquesa e malaquita aparecidas en chullpas, de colgantes, de proxectís de obsidiana, de pezas abraiantes que nos falan de moitas historias soterradas pola area do deserto. Quedaba unha hora de traballo. Por encargo do xeógrafo Manuel Prieto fun fotografar as apachetas que rodean o asentamento.

Apacheta 06

Apacheta 04

As apachetas son milladoiros, estruturas cultuais empregadas tamén como mollóns da propiedade comunal. En 1905 un documento reflicte os límites da comunidade e cita expresamente el gentilar de Turi, isto é, a vella cidade homónima. Hai escasos anos, un litixio coa compañía mineira de turno polas augas levou aos paisanos a reerguer sistematicamente as vellas apachetas. Alá fun rexistralas todas. Elas forman parte do cinto simbólico que rodeaTuri, cruzado polo camino do Inka. Todas están orientadas aos cumios tutelares. Estando nestas… de sotaque declarouse un lume inesperado por combustión espontánea. En todo o día non pasara ninguén polo vello gentilar de Turi… E o lume emprincipiou a rentes da apacheta ubicada na quebrada orientada cara ao cerro León. O lume só comezou a esmorecer cando devolvimos á terra a última peza recolleita en superficie: unha ficha circular de cerámica que alguén guindou como ofrenda nunha challada de malaquita. Seica os avós quixeron despedirse de nós. En vez dun pago, fixen un apago como despedida de Turi, unha das experiencias arqueolóxicas máis alucinantes vividas por quen isto escribe, e por Beau Murphy e Miguel Martínez, estudantes da Universidade de México (USA).  O equipo de Los Lobos.

Apacheta 02

IMG_0056

Preferín falar da despedida de Turi antes ca da festa do San Santiago de Río Grande, outra realidade etnohistórica alucinante, todo un exemplo de sincretismo relixioso do que daremos boa conta en vindeiros posts. Alí derramamos chicha e viño como pago á Pachamama e como prego por aqueles que se foron.

 IMG_0069

Anuncio publicitario
Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas | Deja un comentario

ChiQuitor

???????????????????????????????

Cando vemos o perfil dun castro estamos a intuír centos de historias tralas súas murallas. Acontece que non temos testemuños escritos nin tradicións orais para tentar imaxinar aconteceres tan humanos como a violencia, o conflito ou a traizón. Non pasa o mesmo cando vemos o castro (pukara) de Quitor a rentes da capital turística do deserto de Atacama, San Pedro. Aquí recalou en 1540 a expedición española dirixida por dous fenómenos: Pedro de Valdivia e Francisco de Aguirre. Axudados polos indios Yanacomas (escravos indios) os lanceiros acadan ultrapasar o muro defensivo do pukara. Trescentos combatentes atacameños son decapitados e as súas testas penduradas en estacas chantadas no cumio do recinto fortificado. Iso que os celtólogos galos chaman tête coupéé, levou á comunidade atacameña actual a alcumalo pukara como o pobo das cabezas. Dende o pukara un pode ascender até un mirador espectacular no que se misturan versos de Gabriela Mistral, con lemas católicos e un monumento en lembranza dos héroes atacameños.

???????????????????????????????

O pukara de Quitor atópase en mans da comunidade, que rendibiliza o seu patrimonio, como ten que ser. Outra cousa é o modelo de xestión e o discurso lexitimador. Aquí se aplicou o pior da posta en valor tradicional: carteis proibindo a cada intre facer cousas, imposibilidade de camiñar polas rúas do pukara, sendeiro obrigatorio a xeito de miradoiro franquista, ningún tipo de explicación agás carteis reivindicativos da identidade atacameña, fornecendo unha idea de continuidade étnica dende o período prehispánico até hoxe, unha cafetaría-museo entre kitsch e gore… Sen embargo, Quitor está no circuíto turístico dunha cidade que devala entre o rollo ibicenco-barcelonés, o New Age, o hiperenxebrismo indíxena e o pastiche. Este modelo Quitor estáse a converter nun referente para outras comunidades da rexión atacameña. Polo de agora, na zona afastada de Ayquina-Turi non se deu aínda este proceso. O pukara de Turi segue ceibo no espazo e no tempo, como fogar dos avós. A ver canto dura. O bo disto é que os arqueólogos non temos nada que dicir. Aquí non vale iso do Monumento Nacional nin a Lei de Patrimonio.

???????????????????????????????

???????????????????????????????

Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas, Paisaxes | Deja un comentario

Deuses, tumbas e sabios

Turi

???????????????????????????????

Sendo eu pequecho, en Barcelona, regalárame o señor Arturo un libro titulado Deuses, tumbas e sabios, nunha edición de pastas duras da editorial Bruguera. Este volume do alemán Ceram deseguro que fomentou moitas vocacións arqueolóxicas, e eu non ía ser unha excepción. Polas súas páxinas escoan as historias dos clásicos, de Arthur Evans, de Schliemann, Howard Carter, das abraiantes cidades esquencidas polo tempo, tipo Machu Pichu, descubertas polos exploradores de antano. Sempre queda un aquel do romantismo decimonónico… Esa é a sensación que temos os castro raposos do deserto que levamos unha semana traballando na cidade de Turi. Arqueólogos exploradores estranxeiros da xeración de Indiana Jones, pasaran por aquí nos anos 30 e 40. Este sitio arqueolóxico é dos máis impresionantes de todo Chile. Todo un monumento nacional que non visita ninguén.

???????????????????????????????

???????????????????????????????

O deserto preservou unha cidade na que só faltan as persoas pechando o pestillo da porta. Portas monumentais que recordan os accesos micénicos, casas que lembran as vivendas de Cnossos, estruturas inzadas de pequenos ósos, que algún día foron corpo de homes, mulleres e nenos. Petróglifos de llamas na muralla erguida polos Inkas, superficies enormes estradas de malaquita na honra dos cerros tutelares, ducias e ducias de chullpas sobranceando o urbanismo dunha cidade que foi obradoiro de mestizaxe cultural antes da chegada dos españois.

???????????????????????????????

 

Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas, Paisaxes | Deja un comentario

A Virxe do Carmo

IMG_0004

A nosa experiencia etnoarqueolóxica amósanos como nas comunidades premodernas que carecen de escritura toda a información se transmite por medio da cultura material, que devén todo un signo de comunicación non verbal. Pola súa vez, a arquitectura dos asentamentos e maila propia casa son en si mesmos espazos ritualizados que reproducen a cosmoloxía e o xeito de estar no mundo dos seus habitantes. Eis a importancia da orientación ritual de fiestras e portas das construcións, e das fiestras das chullpas, cara aos cerros tutelares que protagonizan a paisaxe desta zona. Esta cuestión introduciuse no discurso arqueolóxico grazas á orixinal e interesante achega etnohistórica levada a cabo polo equipo Toconce nos anos 80. O traballo de campo desenvolto na década de 1980 nesta zona da puna atacameña fíxolles recoñecer o papel central de montañas e volcáns como eixos vertebradores da paisaxe simbólica[1]. Así pois, as comunidades locais cren que as montañas son estrelas que descenderon á terra, mentres que os volcáns regulan o funcionamiento da terra, xa que son volcáns de lume (Licancabur), auga (San Pedro) e vento. Estes dous últimos son responsables da chuvia e da treboada. As montañas (alcumadas Mallku en lingua aymara) son espazos sagrados con varios niveis de significado; son lugares míticos de orixe, habitados polos devanceiros, son tamén elementos propiciatorios da fertilidade e maila riqueza, son altares (mesas) e vivenda das divindades.

IMG_0019

O asentamento de Topaín exemplifica perfeitamente a hipótese defendida por Castro e Aldunate no seu traballo coas chullpas dos asentamentos de Likan e Quebrada Seca. Segundo eles, as fiestras destas estruturas cultuais non se orientaban unicamente cara aos puntos cardinais, senón cara as montañas sagradas e volcáns. Na nosa opinión, esta orientación ritual é unha variable moi tida en conta na planificación topolóxica e urbanística do asentamento. As rúas presentan unha disposición en pranta E-W co cerro Topaín e o Cerro León como referentes topográficos claros. O Cerro León está estreitamente vencellado na actualidade á comunidad indígena de Toconce. Considerado como unha montaña masculina recibe diferentes nomes: Mallku Kulliri, Cerro León, Mallku Agua de León e Puma Urko. Gardián das riquezas dos ancestros, é especialmente dadivoso, protexe o gado e chama a chuvia. Este papel chave na reprodución e supervivencia das comunidades fai que reciba pagos e ofrendas para gañar seu favor su favor. Cara a este Cerro León devala a rúa principal do sector B de Topaín, unha das dúas chullpas centrais e o aliñamento de vans que percorre as estancias dunha das dúas casas complexas do asentamento.

Cara ao S a totalidade dos vans documentados oriéntanse en dirección a dúas montañas estreitamente ligados á localidade de Caspana. Máis pequenos, de forma redondeada e case nunca cubertos de neve, son a montaña feminina Q’aulor (ou Sipitare Mama, ou Mama Sipaqa) e a montaña masculina Chita (Sipitare Tata).

???????????????????????????????

P.S. Mentres escribo isto chega de lonxe o zunido do son das caixas e tambores de Chiu-Chiu. Hoxe esta comunidade, en pleno deserto de Atacama, celebra a Virxe do Carmo, padroa dos mariñeiros. Haberá que ir ver, se os cerros tutelares son propicios. Unha festa que ten moita… chicha.


[1] The orientation of the prehistoric chullpas is very similar to the orientation of present.day ceremonial constructions, specially churches and chapels, which also face the hills that dominate the locality. The rites of present-day communities in the annual ceremonial calendar, such as the cleaning of irrigation canals or the floreo (livestock fertility rites), also constantly invoke the presence of the high peaks. Thus, we can confirm serious indications that lead us to conclude that belief in the sacredness of mountains in the high canyons of Atacama is well over a thousand years old (Castro e Aldunate 2003: 76).

Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas, Xente de aquí e de acolá | Deja un comentario

Prefiro o suri ao surimi

IMG_0045

Tiramos esta fotografía onte. Non son Rajoy e Bárcenas, solos ante el peligro. Son dous suris na puna atacameña, a rentes de Topaín, a onde adoitan baixar non sabemos moi ben por que. Estes animais prehistóricos viven máis arriba contra os 4000 m Para comprendermos unha realidade descoñecida non hai como botar mao da xente que sabe. Velaquí tedes un texto fermoso e acaído do etólogo Héctor Ferrari sobre este ser grandioso e único, en vías de extinción en países como Perú:

Una rara excepción en el reino de los animales es la que se da con el SURI o Avestruz Andino, donde el macho, y no la hembra, es quien empolla, alimenta, cría y protege a sus polluelos. Este proceso de evolución donde el macho juega ese rol decisivo se inició hace millones de años, cuando probablemente recién se formaba la Cordillera de los Andes, mucho antes que los humanos nos convirtiéramos en desafinados y desorientados guionistas de la naturaleza, enseñoreándonos de un reino que no terminamos de comprender y que hemos puesto al borde mismo de la extinción, por nuestro sesgado y limitado accionar. A fines de julio, cada SURI macho trata de expulsar a los otros machos de su grupo social. Cada suri emite llamados y ataca a los otros pateando, atropellando con su pecho y lastimando con los espolones de sus alas, que posiblemente sólo sirvan para el combate, ya que no sirven para volar. Se picotean y entrecruzan sus cuellos, hasta que uno de los dos huye agachando la cabeza o aplastando sus plumas en señal de sumisión. Y la lucha termina, sólo que ahora algo ha cambiado. Uno, sólo uno permanece con las hembras. Él las cortejas a todas, y si algún macho se acerca, lo ataca y expulsa. Y por fin las hembras se acercan, se tienden a su alrededor y todas copulan con él. Lo descrito aquí apenas dura unas semanas en la vida del SURI, pero nadie pasa por millones de años de evolución para tener sólo unas semanas de «gloria».Luego, el SURI construye varios nidos usando exactamente lo mismo que usó en la lucha: sus patas, pico, alas y pecho. Y termina seleccionando el mejor de los nidos, el cual cubre con follaje seco. Después, con el mismo cuidado con que las cortejó, llama a sus hembras para que pongan sus huevos en los alrededores del nido. Cada hembra pone hasta diez huevos, y cuando ellas se han ido, el macho se queda solo y comienza su verdadera tarea. Se echa y empolla, y durante cuarenta días será el guardián de su tesoro, de esos treinta a sesenta huevos que él mismo selecciona y con su largo cuello trae hacia el centro del nido. Pero su labor no se limita a posarse sobre ellos para empollarlos, también debe protegerlos alejando a los perros, lagartos, zorros, aves de rapiña y todo lo que se dirija hacia sus huevos. Sólo al mediodía se aleja del nido para buscar algo de comida, pero regresa muy pronto y no lo hace en línea recta sino dando un largo rodeo, alejándose y acercándose en aparente comportamiento anómalo, pero que sirve para despistar a cualquier predador que lo haya seguido para encontrar su nido. Allí está ese bicho amarronado, deslucido, cubierto de polvo, silencioso y extremadamente tímido, cuyo mayor mérito es ser un buen padre por su tenacidad y perseverancia. Cuarenta días. Sólo cuarenta días contra lo poco que dura el cortejo. Echado, moviendo el cuello de un lado para el otro y girando los huevos hasta que salgan las crías del cascarón, haciendo que éstas permanezcan algunos días más bajo su cobijo. Y luego abandonan el nido, pero lo siguen a él, caminado entre sus largas patas. Aprenden a comer de él, de él aprenden a ocultarse en medio del pajonal altoandino, y a pelear con sus cazadores o darse a la fuga, distrayendo a predadores como los feroces pumas y rapaces, todo ello con el propósito de alejarlos de sus crías. Para estas crías el universo tiene tres elementos: el campo, ellos y su padre. Y al padre le cantan y le trinan para llamarlo y pedirle que esté con ellos. Por supuesto, la realidad es dura a veces: algunas crías mueren, se pierden, se ahogan o se enferman, o quizá los pumas logran matar al padre. Sin embargo, allí van él y sus hijos, desde antes que los humanos aparecieran sobre la faz de la tierra. A veces alguna cría perdida que pertenece a otra nidada se une al grupo, y él lo toma por hijo fortaleciendo su nidada con un grupo más grande. Este padre criador y custodio de nuevas vidas, espera pacientemente la llegada del otoño para formar nuevamente los grupos y hacer que gire una vez más la rueda de la vida: los machos peleando por sus hembras, empollando los huevos, críando a sus polluelos y todo lo demás.
El SURI es visto en el firmamento, en la constelación de las Pléyades, por alguna tribu que todavía suele ver su pata de tres dedos reflejada en la inmensidad del cielo y representando la vida eterna. Y así será por siempre, el SURI permanecerá incansable en la llanura infinita caminado con pasos desgarbados y venciendo al tiempo camino a la eternidad, orientándose con las estrellas, a menos que la mano insensible y materialista de los hombres lo extingan como está sucediendo en nuestro país y en toda América del Sur, que es donde aún sobreviven sólo unos cuantos.

 

Categorías: Alén mar, Xente de aquí e de acolá | Deja un comentario

Don Leandro

???????????????????????????????

Vouvos contar a historia máis alucinante que teño sentido nunca. Non é realismo máxico, é realismo, a secas. Nesta zona da puna atacameña, entre o deserto e os Andes, a escasa poboación vive esparexida en pequenas estancias moi alonxadas unhas doutras. Algunhas delas seguen a reocupar o espazo produtivo dos antigos poboados fortificados prehispánicos, ao sopé dos volcáns, como Paniri ou Turi. Outras como Cupo ou Conchi están situadas perto de pasos naturais cara ao altiplano boliviano, próximas aos recursos mineiros. Esta historia aconteceu en Conchi. Corría o ano 1930. Tralo boom da exportación do nitrato de Chile a bisbarra collía novos folgos de Modernidade. Estes novos tempos non lle acaían ben a todos. Un home, casado e xa con dous fillos decidiu fuxir da vila canda as crianzas e a súa dona para evitar que o mundo contaminase á súa prole. O mundanal ruído do que tamén escaparan os místicos do Século de Ouro. A familia marchou a 50 km e ergueu coas súas maos unha estancia nunha quebrada inaccesible, ignota, en plena natureza salvaxe. Naquel espazo chegaron máis fillos, até un total de sete. A demencia do cabo da casa levou a instaurar o silenzo: non se podía falar. Segundo contan os supervivintes, ás veces a mai xogábase o pelexo e cando o home marchaba coa avenza tentaba instruír un pouco aos pequenos; en mala hora, cando se decataba o ditador este mallaba nos fillos e na muller a xeito de represalia. Pasaron os anos. Algúns fillos morreron alí, resignados no seu mundo. Só un deles ousou fuxir. Leandro acompañaba ao seu pai unha vez ao mes a unha estancia que quedaba a un día de camiño. A pé e en silenzo. Alí intercambiaban roupa que tecía a mai por alimentos e voltaban para a súa illa misteriosa. Nunha destas visitas, Leandro, con 32 anos cumpridos, botou a correr e pediu auxilio a aquela xente. Os veciños enfrontáronse ao ditador que tivo que voltar á súa Insula Barataria, remoendo o seu fracaso.

Leandro apenas falaba, non sabía comportarse en sociedade. Perante a falla dun proceso de aculturación el mesmo creou o seu mundo a partires da percepción, a experiencia e a autoaprendizaxe. O seu caso non ten que ver cos dos homes-lobo, eses nenos que foron criados pola manada ao xeito de Rómulo e Remo. A Etioloxía animal ensínanos que existen normas, condutas e organización nesas greis. Leandro, como dixo o arqueólogo César Borie, “aprendió haciendo”. De pouco valen aquí as teorías sociolóxicas do habitus de Bourdieu ou da axencia de Giddens, simplemente porque, no caso d don Leandro, non existiu sociedade.

???????????????????????????????

Leandro acabou entrando como operario na mina de cobre de El Abra. Cando lle pediron os papeis, ano de nacemento e datos persoais, quedou mudo sen saber que respostar. Non vira un papel na vida, non sabía o que era a escritura nin unha cédula de identidade. Na súa primeira xornada laboral tamén lle preguntaron que número de pés tiña, e contestou: “Dous, teño dous”. Leandro construíra o seu mundo a partir do ciclo agrario, dialogando cos cerros, cos animais e as prantas. A través da prática convertiuse nun auténtico especialista en etnobotánica. Coas súas maos coadxudou a crear un espazo humano, con terrazas de cultivo, espazos para a horticultura, camiños e árbores frutais. Un pequeno oasis erguido da nada. O mesón dos ermos. Nunha quebrada esquencida do tempo e da xente.

Pero a historia non remata aquí. Mentres Leandro voltaba ao siglo, aínda quedaba na casa esquencida unha irmá, Matiasa. Cando finaron os pais e morreu o derradeiro irmao, Matiasa decidiu abandonar a súa casa. Apañou o gado e liscou desorientada andando monte a través, por quebradas que ela descoñecía. Andou semanas, praticamente espida, comendo… terra. Praticamente agoniante, entre cadavres descompostos de cabras e ovellas, foi localizada por uns pastores atacameños. Non sabía falar. Era o ano 1996.

Don Leandro e dona Matiasa, os dous supervivintes desta atacameña saga dos Lonxevos, conviven hoxendía na pequena vila de Conchi. A súa retranca ten sona en toda a contorna. Aínda lles debe entrar a risa perante a vaidade humana. O arqueólogo Diego Salazar vai publicar este ano un libro de conversas con don Leandro, un caso único no mundo, a materialización fenomenolóxica do ideal rousseauniano.

Categorías: Alén mar, Xente de aquí e de acolá | Deja un comentario

Turi, Topaín, Paniri, Macondo

En las ciudades

Hablan

Hablan

Pero nadie dice nada.

La tierra desnuda aún rueda

Y hasta las piedras gritan.

Vicente Huidobro, Las ciudades.

???????????????????????????????

Aldeas eternas que sobreviven ao sopé dos volcáns. Habitantes vencellados á terra con nomes que lembran a Escola de Menciñeiros de Cunqueiro: Adriana de Paniri, Rosa de Turi, Candelaria de Turi, Norberta de Turi, don Leandro de Cuchi. Xentes de aquí e de acolá. Contra as catro da tarde, seguindo un ritual que vén da noite dos tempos, un pastor percorre a veiga coa avenza. Ás cinco e media unha parella de vellos namorados atacameños retorna á casa coas últimas luces do solpor. Cada día, como se fose o primeiro. Mil primaveras máis para o deserto. Unha camioneta Ford da Segunda Guerra Mundial serve de galiñeiro improvisado. De cando en vez óense os oubeos de cans con vivencias anguriadas. Polas mañás alguén prende lume na liña do horizonte. Don Mario, xefe electo da comunidade de Ayquina-Turi vive nunha chabola semellante ás da periferia de Addis Ababa ou calquer cidade ou vila de estrada africana. Como esmola, a empresa mineira financia ermidas e procesións. Atacama é a última fronteira. Os burros fuxidíos ornean mentres as ovellas loitan por bicar os beizos coa auga morna dos alcumados baños de Turi. Cando o sol repousa un neboeiro tóxico cobre as montañas de El Labra. A impronta aérea da depredación por parte das compañías mineiras que esnaquizan as entrañas da terra sagrada na procura do cobre. A Pachamama do Capital.

O Inka deixou a súa pegada na memoria da terra. A xente segue a pensar que o Inka lle deu un losquión ao cerro Echado, e por iso quedou descabezado para sempre. Coma todos os Estados e Xuntas de Galicia os Inkas chantaron un mamotreto no asentamento de Turi a xeito de escenografía arquitectónica do novo Poder. A cancha coa cayanka durou até que chegou Valdivia. Centos de anos despois a xente atacameña segue rendindo honras a volcáns, outeiros e ollos de auga. En poucos sitios da terra un pode ter unha experiencia arqueolóxica coma esta. Por unha banda, non queda outra que ser un determinista ambiental. Por outra banda, en ningún sitio un pode sentirse máis estruturalista. Un cinturón de malaquita rodea a cidade abandonada de Turi, a rentes do camino do Inka. Auténticos miradoiros sobre a veiga, para garantir a fertilidade da terra que dá a vida.

Do Caurel a Compostela. Da Puna aos Andes. Aquí síntese o pouco que é un home.

???????????????????????????????

Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas, Lerias e andrómenas, Xente de aquí e de acolá | Deja un comentario

Aquí hai metate!

 ???????????????????????????????

Hay algo denso, unido, sentado en el fondo,

repitiendo su número, su señal idéntica.

Cómo se nota que las piedras han tocado el tiempo,

en su fina materia hay olor a edad,

y el agua que trae el mar, de sal y sueño.

Pablo Neruda, Unidad

Ao outeiro de Topaín téñenlle chamado moitas cousas: asentamento satélite, aldea produtiva, cerro-isla e un sinfín de categorías máis en función do modelo interpretativo manexado a escala territorial. En toda a zona é o único que non está habitado hoxendía (a diferenza de Turi e Paniri) e o que preserva máis nidiamente a súa condición de espazo sagrado. Quizabes por iso o seu estado de preservación sexa tan bo, con condicións óptimas para levar a cabo un estudo de Arqueoloxía do espazo doméstico.

IMG_0025

Si, amigos e amigas, aquí hai metate. Por primeira vez na nosa experiencia non imos tratar in cun poboado vivo (achega etnoarqueolóxica) nin cun sitio arqueolóxico no que podemos debullar a súa ocupación (escavación arqueolóxica). Por que? Porque Topaín foi abandoado fai alomenos cincocentos aos e porque a comunidade de Ayquina-Turi non deixa mover unha soa pedra porque eles son os legítimos parientes de los abuelos, como afirmou un señor na asamblea comunitaria o pasado sábado. Este novo horizonte está cheo de posibilidades. A análise formal, funcional e sintáctica do espazo que estamos a facer xa está a dar os seus resultados. Este traballo permitirá discernir cuestións como o carácter de escenografía arquitectónica do asentamento, a ritualización do espazo doméstico, a topoloxía e cosmoloxía materializadas no ordeamento urbano… e contestar a preguntas como: foi Topaín un reasentamento cunha orientación agraria? Foi un poboado multiétnico? Foi unha vila habitada por xentes do altiplano? Por que desapareceu?

???????????????????????????????

Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas, Paisaxes | Deja un comentario

KK de Luxe

???????????????????????????????

Falabamos de kaka e agora imos falar de caca. Por Topaín merodea bichería do máis variopinto. Llamas, burros en estado semisalvaxe despois de fuxir hai anos de Chiu-Chiu, ninguén sabe moi ben como. Unha sorte de avestruz, alcumada suri, que vive por riba dos 4000 metros e que non adoita verse moito. Vizcachas (coellos xigantes), vicuñas (ancestro salvaxe da alpaca, seica) e guanacos (camélidos parentes lonxanos da llama que non se deixan domesticar). Eu gosto moito de ver demostrados os tópicos propios do determinismo xeográfico, como aquel que di que un galego cando vei un animal o primeiro que pregunta é se se pode comer. Tal cal. Tan pronto vemos un guanaco pregúntolle ao compañeiro Antonio Maldonado, panilónogo chileno: E isto cómese? Saiume da alma. Antonio corroborou ipso facto que os españois non melloramos moito dende a época vesánica de Valdivia.

???????????????????????????????

Os raposos ultimamente van morrer no espazo habitacional do pukara de Topaín. Debeu pegar unha peste neles pero nos últimos días documentamos catro cadavres de raposo, repousando en adros de vivendas, dentro das estancias o unas terrazas de cultivo. Por algo este outeiro-illa é un monte sagrado. Pero non imos falar hoxe deste animalario do presente, senón duns pequenos roedores que habitaron estas terras hai tempo. Ratos e ratas que fixeron tobos entre os muros dos poboados fortificados e nos que deixaron fosilizado o seu paso por este mundo. As especiais condicións climáticas do deserto de Atacama fixeron que se preservasen os excrementos deses roedores. Case convertidos en pedra un pode recoñecer a última dixestión destes animais. Coprolitos a punto de caramelo. Si amigos, a caca (fecha) de mustélido cotízase alto. O antedito Antonio Maldonado está a seleccionar mostras de diferentes tobos nos pukaras de Topaín, Turi e Paniri. Os traballos deste investigador chileno serviron para amosar os cambios climáticos nos últimos mil anos na puna atacameña. As súas pescudas palinolóxicas e paleoambientais a partir da merda destes roedores petrucios demostraron un troco no padrón de asentamento do poboamento humano. Un período de sequedade levou ás comunidades, contra os primeiros séculos do segundo milenio d. C. a achegarse máis á puna atacameña perto dos humedais da puna preandina. Coprolitos que dilucidarán moitas dúbidas sobre o alcumado Período Intermedio Tardío.

???????????????????????????????

Benditos roedores.

Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas | Deja un comentario

Malaquitan de las manos

???????????????????????????????

Non é a primera vez que traballamos a máis de 3000 metros de altura. Malia diso, en caso de non experimentar algún espellismo no deserto sempre che queda a noite para que a mente desbaralle de seu. Onte soñei que estaba no castro de Baroña e entraba un carro de bois guiado por uns atacameños; os bois tiñan as cornas decoradas coas flores que lles poñen aquí ás llamas. No deserto tamén se fai a rapa das llamas.

No outeiro de Topaín cómpre coller aire de cando en vez, non só pola altitude senón pola abraiante experiencia que fornese estar nun lugar no que unicamente faltan as persoas petando nas portas ou andando pola rúa. Este é un sitio no que se mistura pasado, presente e futuro, como o amosan os máis pequenos restos. Imos cun exemplo. Unha das variables que nos permiten identificar unha estrutura arquitectónica como de carácter cultual é a presenza de botados de malaquita. Anacos minúsculos esparexidos por trojas, chullpas e mesas cerimoniais, dentro das unidades domésticas ou en espazos segmentados do resto. A malaquita gozou sempre dun grande poder simbólico para as comunidades andinas e sobre todo para a xente destes lares. A chegada do Inka (1450 A.D.) vai supoñer, como Roma en Galicia, a instauración dunha paisaxe mineira a grande escala.

IMG_0083

No sector C do cumio de Topaín temos os restos dunha pequena explotación mineira, de época recente. O burato praticado para seguir a veta racha estratigraficamente unha estrutura con adro do período formativo intermedio tardío. A escombreira guindouse sobre o antigo solo de ocupación. Esta extracción pode ser considerada coma un proceso postdeposicional, vencellado a unha actividade de trasfondo simbólico. O feito de rachar a terra estaba fondamente ritualizado e mesmo en época incaica as minas era consideradas unha kaka, é dicir, unha porta de acceso ao inframundo. As cadeas técnico-operativas están ritualizadas dende o comezo até a fin.

IMG_0095

Estes restos do pasado están conectados co presente, como dicimos. Velaquí tedes unha pequena ofrenda de malaquita nunha fenda dun penedo na aba NE do cerro de Topaín. En Arqueoloxía, aparte de mirar á terra cómpre ollar cara á paisaxe e cara ao ceo. O contexto desta ofrenda védelo nesta panorámica: o cumio Paniri, santuario natural para aymaras e incas, un dos cerros tutelares que gobernan a vida dende hai miles de anos.

IMG_0096

Adicado a Bea e Félix, arqueometalurgos na cidade do Ouro.

Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas, Paisaxes | Deja un comentario

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.