Devanceiros, ánimas e pukaras

IMG_0027

A Arqueoloxía ensínanos que o vencello entre pasado e presente non é liñal, está inzado de corredoiras fuxidías, de desvíos e reviravoltas inesperadas. Así e todo, a tradición segue modelando a paisaxe cultural destas terras dende época prehispánica, malia a cristianización que tivo lugar, non esquenzamos, hai cincocentos anos. En Galicia, que levamos máis de mil cincocentos anos de cristianismo, todavía seguen vixentes moitas das tradicións pagáns (gentiles chaman aquí) que denunciaba Martiño de Dumio no século VI d. C.

IMG_0006

A igrexa de Chiu-Chiu parece sacada dun western clásico de Clean Eastwood. Miguel, un alumno de Nuevo Méjico, metade apache, metade mexicano, dinos que se sinte como na casa. Este santuario é un templo ao sincretismo relixioso. Ao carón da entrada, exponse o que en tempos foi a vella pía bautismal. Esta pedra é un muíño reutilizado como os que aparecen no impresionante pukara de Turi, reconvertido polo Inka en centro político, económico e ceremonial de toda a zona. Unha pedra prehistórica ao servizo de Cristo. Os españois fixeron o mesmo cos inkas coas poboacións anteriores. Reocuparon espazos simbólicos precedentes nunha estratexia de reafirmación do novo Poder imperial. E como todos os Imperios, tamén fracasaron, en parte.

IMG_0041

IMG_0038

No pukara de Chiu-Chiu a comunidade local aínda fai ofrendas aos avós nos antigos enterramentos prehispánicos. Ao carón dos ósos e os tecidos aparecen latas de cervexa Cristal, a Estrella Galicia dos Andes. A chicha e a cervexa son elementos esenciais nestes rituais. O meso xeito aparecen dentro das animitas, os petos de ánimas de aquí que sobrancean os camiños, tan importantes nunha zona na que as rotas caravaneiras marcaron o devalar histórico. Nós mesmos, antes de comezar a traballar nos sitios de Turi, Pukara e Paniri, fixemos unha ofrenda aos avós e a Pachamama. Non só temos que contar co permiso da comunidade local, senón tamén dos devanceiros e da terra. Nesta liña, os cerros tutelares seguen a vixiar a vida cotiá. No cumio do pukara de Topaín documentamos unha recente ofrenda. Xa estamos en condicións de comezar a traballar.

IMG_0014

Anuncios
Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas, Paisaxes | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: