Llamada perdida

IMG_0007

En moitas culturas os nomes do montes e dos ríos son os máis antigos. Mesmo as persoas apropiánse dos topónimos. O cerro tutelar de Paniri dá nome á aldea emprazada aos seus pés e dá apelido a unha liñaxe que forma parte da historia desta zona do mundo. O Paniri executado polos españois no século XVIII era antergo directo do representante da comunidade local até hai ben pouco, René Paniri. Este home rubiu por vez primeira ao pukara de Topaín canda os arqueólogos hai dous anos. Dende pequeno lle dixeran que alí estaban os avós. Cando puido ver as ruínas das casarellas dos devanceiros, René Paniri rompeu a chorar.

IMG_0011

O pukara de Topaín é o único que non está habitado na actualidade, a diferenza dos lugares de Turi e de Paniri. Nun intre concreto a xente abandonou o sitio. Quizabes porque desaparecerá a auga para sempre. No pukara as vivendas, erguida con toba volcánica, resisten con teimosía o tempo. Na chaira desértica quedan as improntas dunha comunidade que se foi. O carbonato sódico da auga que escoaba polas canles deixou a súa pegada na terra. As terrazas de cultivo quedaron fosilizadas como se fose o Portomarín vello cando vén a seca. Os vellos contan como en tempos aínda se podía ver polas noites á xentiña traballar os terrados, como pantasmas ou espellismos no deserto. En Galicia de seguro que moitos vellos, náufragos en aldeas a piques de desaparecer, soñan tamén con ver os eidos traballados. No nos país rómpese a terra; aquí, no deserto de Atacama “se abre la tierra”. Labregos míticos, labregos con ciencia.

IMG_0010

En Topaín non temos a lenda dunha cidade asulagadada no tempo dos mouros. En Topaín existe unha conexión directa entre o pasado e o presente, entre os avós de antano e as persoas de hogano. As pedras falan. Os avós guindan ao ar chamadas que son de todo menos chamadas perdidas. A señora María de Nine definiu perfectamente a realidade arqueolóxica do Castro Pequeno de Neixón (Boiro, A Coruña) cando afirmou, sen ningún xénero de dúbida: “Aquí houbo”.

IMG_0017

Anuncios
Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas, Paisaxes | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: