Malaquitan de las manos

???????????????????????????????

Non é a primera vez que traballamos a máis de 3000 metros de altura. Malia diso, en caso de non experimentar algún espellismo no deserto sempre che queda a noite para que a mente desbaralle de seu. Onte soñei que estaba no castro de Baroña e entraba un carro de bois guiado por uns atacameños; os bois tiñan as cornas decoradas coas flores que lles poñen aquí ás llamas. No deserto tamén se fai a rapa das llamas.

No outeiro de Topaín cómpre coller aire de cando en vez, non só pola altitude senón pola abraiante experiencia que fornese estar nun lugar no que unicamente faltan as persoas petando nas portas ou andando pola rúa. Este é un sitio no que se mistura pasado, presente e futuro, como o amosan os máis pequenos restos. Imos cun exemplo. Unha das variables que nos permiten identificar unha estrutura arquitectónica como de carácter cultual é a presenza de botados de malaquita. Anacos minúsculos esparexidos por trojas, chullpas e mesas cerimoniais, dentro das unidades domésticas ou en espazos segmentados do resto. A malaquita gozou sempre dun grande poder simbólico para as comunidades andinas e sobre todo para a xente destes lares. A chegada do Inka (1450 A.D.) vai supoñer, como Roma en Galicia, a instauración dunha paisaxe mineira a grande escala.

IMG_0083

No sector C do cumio de Topaín temos os restos dunha pequena explotación mineira, de época recente. O burato praticado para seguir a veta racha estratigraficamente unha estrutura con adro do período formativo intermedio tardío. A escombreira guindouse sobre o antigo solo de ocupación. Esta extracción pode ser considerada coma un proceso postdeposicional, vencellado a unha actividade de trasfondo simbólico. O feito de rachar a terra estaba fondamente ritualizado e mesmo en época incaica as minas era consideradas unha kaka, é dicir, unha porta de acceso ao inframundo. As cadeas técnico-operativas están ritualizadas dende o comezo até a fin.

IMG_0095

Estes restos do pasado están conectados co presente, como dicimos. Velaquí tedes unha pequena ofrenda de malaquita nunha fenda dun penedo na aba NE do cerro de Topaín. En Arqueoloxía, aparte de mirar á terra cómpre ollar cara á paisaxe e cara ao ceo. O contexto desta ofrenda védelo nesta panorámica: o cumio Paniri, santuario natural para aymaras e incas, un dos cerros tutelares que gobernan a vida dende hai miles de anos.

IMG_0096

Adicado a Bea e Félix, arqueometalurgos na cidade do Ouro.

Anuncios
Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas, Paisaxes | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: