KK de Luxe

???????????????????????????????

Falabamos de kaka e agora imos falar de caca. Por Topaín merodea bichería do máis variopinto. Llamas, burros en estado semisalvaxe despois de fuxir hai anos de Chiu-Chiu, ninguén sabe moi ben como. Unha sorte de avestruz, alcumada suri, que vive por riba dos 4000 metros e que non adoita verse moito. Vizcachas (coellos xigantes), vicuñas (ancestro salvaxe da alpaca, seica) e guanacos (camélidos parentes lonxanos da llama que non se deixan domesticar). Eu gosto moito de ver demostrados os tópicos propios do determinismo xeográfico, como aquel que di que un galego cando vei un animal o primeiro que pregunta é se se pode comer. Tal cal. Tan pronto vemos un guanaco pregúntolle ao compañeiro Antonio Maldonado, panilónogo chileno: E isto cómese? Saiume da alma. Antonio corroborou ipso facto que os españois non melloramos moito dende a época vesánica de Valdivia.

???????????????????????????????

Os raposos ultimamente van morrer no espazo habitacional do pukara de Topaín. Debeu pegar unha peste neles pero nos últimos días documentamos catro cadavres de raposo, repousando en adros de vivendas, dentro das estancias o unas terrazas de cultivo. Por algo este outeiro-illa é un monte sagrado. Pero non imos falar hoxe deste animalario do presente, senón duns pequenos roedores que habitaron estas terras hai tempo. Ratos e ratas que fixeron tobos entre os muros dos poboados fortificados e nos que deixaron fosilizado o seu paso por este mundo. As especiais condicións climáticas do deserto de Atacama fixeron que se preservasen os excrementos deses roedores. Case convertidos en pedra un pode recoñecer a última dixestión destes animais. Coprolitos a punto de caramelo. Si amigos, a caca (fecha) de mustélido cotízase alto. O antedito Antonio Maldonado está a seleccionar mostras de diferentes tobos nos pukaras de Topaín, Turi e Paniri. Os traballos deste investigador chileno serviron para amosar os cambios climáticos nos últimos mil anos na puna atacameña. As súas pescudas palinolóxicas e paleoambientais a partir da merda destes roedores petrucios demostraron un troco no padrón de asentamento do poboamento humano. Un período de sequedade levou ás comunidades, contra os primeiros séculos do segundo milenio d. C. a achegarse máis á puna atacameña perto dos humedais da puna preandina. Coprolitos que dilucidarán moitas dúbidas sobre o alcumado Período Intermedio Tardío.

???????????????????????????????

Benditos roedores.

Anuncios
Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: