Turi, Topaín, Paniri, Macondo

En las ciudades

Hablan

Hablan

Pero nadie dice nada.

La tierra desnuda aún rueda

Y hasta las piedras gritan.

Vicente Huidobro, Las ciudades.

???????????????????????????????

Aldeas eternas que sobreviven ao sopé dos volcáns. Habitantes vencellados á terra con nomes que lembran a Escola de Menciñeiros de Cunqueiro: Adriana de Paniri, Rosa de Turi, Candelaria de Turi, Norberta de Turi, don Leandro de Cuchi. Xentes de aquí e de acolá. Contra as catro da tarde, seguindo un ritual que vén da noite dos tempos, un pastor percorre a veiga coa avenza. Ás cinco e media unha parella de vellos namorados atacameños retorna á casa coas últimas luces do solpor. Cada día, como se fose o primeiro. Mil primaveras máis para o deserto. Unha camioneta Ford da Segunda Guerra Mundial serve de galiñeiro improvisado. De cando en vez óense os oubeos de cans con vivencias anguriadas. Polas mañás alguén prende lume na liña do horizonte. Don Mario, xefe electo da comunidade de Ayquina-Turi vive nunha chabola semellante ás da periferia de Addis Ababa ou calquer cidade ou vila de estrada africana. Como esmola, a empresa mineira financia ermidas e procesións. Atacama é a última fronteira. Os burros fuxidíos ornean mentres as ovellas loitan por bicar os beizos coa auga morna dos alcumados baños de Turi. Cando o sol repousa un neboeiro tóxico cobre as montañas de El Labra. A impronta aérea da depredación por parte das compañías mineiras que esnaquizan as entrañas da terra sagrada na procura do cobre. A Pachamama do Capital.

O Inka deixou a súa pegada na memoria da terra. A xente segue a pensar que o Inka lle deu un losquión ao cerro Echado, e por iso quedou descabezado para sempre. Coma todos os Estados e Xuntas de Galicia os Inkas chantaron un mamotreto no asentamento de Turi a xeito de escenografía arquitectónica do novo Poder. A cancha coa cayanka durou até que chegou Valdivia. Centos de anos despois a xente atacameña segue rendindo honras a volcáns, outeiros e ollos de auga. En poucos sitios da terra un pode ter unha experiencia arqueolóxica coma esta. Por unha banda, non queda outra que ser un determinista ambiental. Por outra banda, en ningún sitio un pode sentirse máis estruturalista. Un cinturón de malaquita rodea a cidade abandonada de Turi, a rentes do camino do Inka. Auténticos miradoiros sobre a veiga, para garantir a fertilidade da terra que dá a vida.

Do Caurel a Compostela. Da Puna aos Andes. Aquí síntese o pouco que é un home.

???????????????????????????????

Anuncios
Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas, Lerias e andrómenas, Xente de aquí e de acolá | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: