A Virxe do Carmo

IMG_0004

A nosa experiencia etnoarqueolóxica amósanos como nas comunidades premodernas que carecen de escritura toda a información se transmite por medio da cultura material, que devén todo un signo de comunicación non verbal. Pola súa vez, a arquitectura dos asentamentos e maila propia casa son en si mesmos espazos ritualizados que reproducen a cosmoloxía e o xeito de estar no mundo dos seus habitantes. Eis a importancia da orientación ritual de fiestras e portas das construcións, e das fiestras das chullpas, cara aos cerros tutelares que protagonizan a paisaxe desta zona. Esta cuestión introduciuse no discurso arqueolóxico grazas á orixinal e interesante achega etnohistórica levada a cabo polo equipo Toconce nos anos 80. O traballo de campo desenvolto na década de 1980 nesta zona da puna atacameña fíxolles recoñecer o papel central de montañas e volcáns como eixos vertebradores da paisaxe simbólica[1]. Así pois, as comunidades locais cren que as montañas son estrelas que descenderon á terra, mentres que os volcáns regulan o funcionamiento da terra, xa que son volcáns de lume (Licancabur), auga (San Pedro) e vento. Estes dous últimos son responsables da chuvia e da treboada. As montañas (alcumadas Mallku en lingua aymara) son espazos sagrados con varios niveis de significado; son lugares míticos de orixe, habitados polos devanceiros, son tamén elementos propiciatorios da fertilidade e maila riqueza, son altares (mesas) e vivenda das divindades.

IMG_0019

O asentamento de Topaín exemplifica perfeitamente a hipótese defendida por Castro e Aldunate no seu traballo coas chullpas dos asentamentos de Likan e Quebrada Seca. Segundo eles, as fiestras destas estruturas cultuais non se orientaban unicamente cara aos puntos cardinais, senón cara as montañas sagradas e volcáns. Na nosa opinión, esta orientación ritual é unha variable moi tida en conta na planificación topolóxica e urbanística do asentamento. As rúas presentan unha disposición en pranta E-W co cerro Topaín e o Cerro León como referentes topográficos claros. O Cerro León está estreitamente vencellado na actualidade á comunidad indígena de Toconce. Considerado como unha montaña masculina recibe diferentes nomes: Mallku Kulliri, Cerro León, Mallku Agua de León e Puma Urko. Gardián das riquezas dos ancestros, é especialmente dadivoso, protexe o gado e chama a chuvia. Este papel chave na reprodución e supervivencia das comunidades fai que reciba pagos e ofrendas para gañar seu favor su favor. Cara a este Cerro León devala a rúa principal do sector B de Topaín, unha das dúas chullpas centrais e o aliñamento de vans que percorre as estancias dunha das dúas casas complexas do asentamento.

Cara ao S a totalidade dos vans documentados oriéntanse en dirección a dúas montañas estreitamente ligados á localidade de Caspana. Máis pequenos, de forma redondeada e case nunca cubertos de neve, son a montaña feminina Q’aulor (ou Sipitare Mama, ou Mama Sipaqa) e a montaña masculina Chita (Sipitare Tata).

???????????????????????????????

P.S. Mentres escribo isto chega de lonxe o zunido do son das caixas e tambores de Chiu-Chiu. Hoxe esta comunidade, en pleno deserto de Atacama, celebra a Virxe do Carmo, padroa dos mariñeiros. Haberá que ir ver, se os cerros tutelares son propicios. Unha festa que ten moita… chicha.


[1] The orientation of the prehistoric chullpas is very similar to the orientation of present.day ceremonial constructions, specially churches and chapels, which also face the hills that dominate the locality. The rites of present-day communities in the annual ceremonial calendar, such as the cleaning of irrigation canals or the floreo (livestock fertility rites), also constantly invoke the presence of the high peaks. Thus, we can confirm serious indications that lead us to conclude that belief in the sacredness of mountains in the high canyons of Atacama is well over a thousand years old (Castro e Aldunate 2003: 76).

Anuncios
Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas, Xente de aquí e de acolá | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: