ChiQuitor

???????????????????????????????

Cando vemos o perfil dun castro estamos a intuír centos de historias tralas súas murallas. Acontece que non temos testemuños escritos nin tradicións orais para tentar imaxinar aconteceres tan humanos como a violencia, o conflito ou a traizón. Non pasa o mesmo cando vemos o castro (pukara) de Quitor a rentes da capital turística do deserto de Atacama, San Pedro. Aquí recalou en 1540 a expedición española dirixida por dous fenómenos: Pedro de Valdivia e Francisco de Aguirre. Axudados polos indios Yanacomas (escravos indios) os lanceiros acadan ultrapasar o muro defensivo do pukara. Trescentos combatentes atacameños son decapitados e as súas testas penduradas en estacas chantadas no cumio do recinto fortificado. Iso que os celtólogos galos chaman tête coupéé, levou á comunidade atacameña actual a alcumalo pukara como o pobo das cabezas. Dende o pukara un pode ascender até un mirador espectacular no que se misturan versos de Gabriela Mistral, con lemas católicos e un monumento en lembranza dos héroes atacameños.

???????????????????????????????

O pukara de Quitor atópase en mans da comunidade, que rendibiliza o seu patrimonio, como ten que ser. Outra cousa é o modelo de xestión e o discurso lexitimador. Aquí se aplicou o pior da posta en valor tradicional: carteis proibindo a cada intre facer cousas, imposibilidade de camiñar polas rúas do pukara, sendeiro obrigatorio a xeito de miradoiro franquista, ningún tipo de explicación agás carteis reivindicativos da identidade atacameña, fornecendo unha idea de continuidade étnica dende o período prehispánico até hoxe, unha cafetaría-museo entre kitsch e gore… Sen embargo, Quitor está no circuíto turístico dunha cidade que devala entre o rollo ibicenco-barcelonés, o New Age, o hiperenxebrismo indíxena e o pastiche. Este modelo Quitor estáse a converter nun referente para outras comunidades da rexión atacameña. Polo de agora, na zona afastada de Ayquina-Turi non se deu aínda este proceso. O pukara de Turi segue ceibo no espazo e no tempo, como fogar dos avós. A ver canto dura. O bo disto é que os arqueólogos non temos nada que dicir. Aquí non vale iso do Monumento Nacional nin a Lei de Patrimonio.

???????????????????????????????

???????????????????????????????

Anuncios
Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas, Paisaxes | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: