El gentilar de Turi

Apacheta 03b

Onte rematamos o noso traballo na vella cidade de Turi. Xa sabedes que é o fogar dos avós e por iso a comunidade atacameña de Turi-Ayquina non deixa, polo momento, nin facer escavacións nin recoller material arqueolóxico en superficie. Os obxectos que levamos ao laboratorio para fotografar e analizar foron devoltos ao seu contexto orixinario. Estu falando de doas de turquesa e malaquita aparecidas en chullpas, de colgantes, de proxectís de obsidiana, de pezas abraiantes que nos falan de moitas historias soterradas pola area do deserto. Quedaba unha hora de traballo. Por encargo do xeógrafo Manuel Prieto fun fotografar as apachetas que rodean o asentamento.

Apacheta 06

Apacheta 04

As apachetas son milladoiros, estruturas cultuais empregadas tamén como mollóns da propiedade comunal. En 1905 un documento reflicte os límites da comunidade e cita expresamente el gentilar de Turi, isto é, a vella cidade homónima. Hai escasos anos, un litixio coa compañía mineira de turno polas augas levou aos paisanos a reerguer sistematicamente as vellas apachetas. Alá fun rexistralas todas. Elas forman parte do cinto simbólico que rodeaTuri, cruzado polo camino do Inka. Todas están orientadas aos cumios tutelares. Estando nestas… de sotaque declarouse un lume inesperado por combustión espontánea. En todo o día non pasara ninguén polo vello gentilar de Turi… E o lume emprincipiou a rentes da apacheta ubicada na quebrada orientada cara ao cerro León. O lume só comezou a esmorecer cando devolvimos á terra a última peza recolleita en superficie: unha ficha circular de cerámica que alguén guindou como ofrenda nunha challada de malaquita. Seica os avós quixeron despedirse de nós. En vez dun pago, fixen un apago como despedida de Turi, unha das experiencias arqueolóxicas máis alucinantes vividas por quen isto escribe, e por Beau Murphy e Miguel Martínez, estudantes da Universidade de México (USA).  O equipo de Los Lobos.

Apacheta 02

IMG_0056

Preferín falar da despedida de Turi antes ca da festa do San Santiago de Río Grande, outra realidade etnohistórica alucinante, todo un exemplo de sincretismo relixioso do que daremos boa conta en vindeiros posts. Alí derramamos chicha e viño como pago á Pachamama e como prego por aqueles que se foron.

 IMG_0069

Anuncios
Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: