Flor de Lira

603055_10201369811705561_2046528765_n

Hai xa uns anos escribira eu un artigo para o barbanzónico Xornal Certo titulado A Rúa das Flores. É esta unha corredoira da cidade do Porto coas beirarrúas inzadas de librarías de vello.  Esa combinación entre flores e cultura é propia dos países civilizados e modernos, como se pode apreciar noutros sitios como Catalunya, ou nos Países Baixos, sen irmos máis lonxe. Aquí, nas estribacións dos Andes un dos símbolos da cultura local é unha pranta coñecida como Rica-Rica (Alcantholippia desertícola phil). Cun arrecendo engaiolante, as súas flores violáceas cobren a puna aló polo mes de outubro. As señoras que viven por estes lares empregan a Rica-Rica para faceren infusións moi boas para as doenzas estomacais. A bichería toda tamén fai purgas con esta pranta; de feito, nos tobos de hai centos de anos na cidade de Turi aínda se conserva fosilizada a Rica-Rica inxerida polos roedores de antano.

En América as flores teñen o seu aquel. O xornalista Fernando Salgado, na súa pescuda sobre a emigración galega, abordou o papel florístico dos emigrantes galegos en La Habana. Seica os nosos compatriotas non perdían o seu espírito minifundista e sementaban flores en pequenas parcelas para surtiren o meirande camposanto da capital, la Necrópolis de Colón. Os que tiñan o monopolio do tema e mesmo conformaban un sindicato eran emigrantes de Lira e de Carnota. A xardinería corría a conta da comunidade emigrada do partido de A Estrada. Dende fins do século XIX, a parroquia de Lira chimpaba alén mar para agarimar con flores a aqueles paisanos que marchaban ao alén. Esta é a mesma xente que considera que non todo o monte é ourego, que se empeña en facer aflorar da terra as vellas pedras das casas dos antergos, que reverdece o seu pasado traballando voluntariamente en sitios arqueolóxicos de seu como a Torre dos Mouros ou o castro de Mallou.

O arrecendo do amor floral de Lira polo seu pasado arriba a rentes dos Andes, nesta cidade de Turi, abandonada, domeada polo aroma intenso da Rica-Rica.

Morriñas da flor do toxo.

Fotografía de José Chazo.

Anuncios
Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas, O mellor do País | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: