Bombas de acio

???????????????????????????????

Hoy tenemos un ejército alemán de marihuaneros, drogadictos, melenudos, homosexuales y sindicalistas.

(Augusto Pinochet,  5 de septiembre de 1990).
O ano 1978 fora especialmente crítico para a ditadura pinochetista por varios motivos: o descubrimento dos corpos de labregos afusilados en Lonquén, a destitución do Xeneral da Forza Aérea Gustavo Leigh polas súas angueiras democráticas (que seguiu coa demisión de 18 dos 21 xenerais do Exército chileno), a esixencia de Estados Unidos para capturaren os responsables do atentado terrorista en Washington contra Orlando Letelier e maila imposición dun embargo de armas por parte dos propios USA e algúns países europeos, en protesta pola sistemática violación dos Dereitos Humanos.
Dentro desta conxuntura acelérase en 1978 todo un proceso de desestabilización nesta zona de Sudamérica. As ditaduras militares, tocadas pola crise económica e a presión internacional, procuran nas vellas reivindicacións territoriais unha saída para acadar certa lexitimidade  e garantir a súa continuidade. A ditadura pinochetista, a máis aillada entre os seus veciños, mobiliza o imaxinario social do nacionalismo chileno e reactiva o vello lema das Forzas Armadas: Siempre vencedor, jamás vencidos. As reivindicacións territoriais bolivianas, peruanas e arxentinas xeneran un sentimento de resistencia a ultranza, de defensa da Madre Patria, que cala incluso entre capas da poboación opostas ou indiferentes ante o rexime militar. O conflito polas terras do Beagle case remata en guerra entre as dictaduras de Videla e Pinochet en decembro de 1978. Este amago obriga a reaccionar ao Exército chileno, en inferioridade de condicións con respecto a Arxentina, debido ao embargo de armas decretado por USA e Reino Unido ese mesmo ano.
Todo este contexto explica a total militarización e o minado sistemático das rexións fronteirizas, para combatiren tanto os inemigos externos como para previr a chegada de inimigos internos dende o exterior (activistas, exilados, xornalistas estranxeiros…). Dentro deste panorama, a zona fronteiriza de Atacama é un dos principais bastións de defensa da meirande riqueza mineira do país e un baluarte do nacionalismo chileno.
Para acadar este obxetivo, erixíronse fortificacións na mesma fronteira, construíndo tamén novas posicións en segunda liña de defensa, tralos pasos naturais cara ao Altiplano. Neste contexto de conflito latente (neste caso con Bolivia, trala ruptura de relacións diplomáticas en 1978) enmárcase a posición militar de Topaín, onde este mes desenvolvemos o primeiro traballo de investigación arqueolóxica sobre o exército pinochetista feita en Chile.
Os escasos restos de munición e armamento documentados en Topaín son un fidel reflexo da delicada situación militar e política da dictadura pinochetista dende 1978. Todos os casquillos documentados son proxectís do calibre 7.62 x 51 mm da OTAN. Esta munición foi empregada para cargar o fusil Mauser Modelo Chileno 1912, o fusil automático de orixe suíza SIG 542 e a ametralladora MG-42/58 (M1A1). O embargo de armas declarado en 1978 pola enmenda Kennedy obrigou ás Forzas Armadas a recalibrar 100.000 fusís Mauser Steyr a 7.62 x 51 mm da OTAN. Pola súa vez acelerouse a producción nacional coa creación do Mauser chileno 1978.
Ademais desta munición recollimos dous fragmentos de aleación de aluminio, un no cumio do cerrto Topaín e outro na lixeira 1 do acampamento militar. Son restos de granada do lanzafoguetes antitanque Instalaza modelo 65 de calibre 88.9 mm fabricado na empresa nacional Santa Bárbara de Palencia (España), tamén empregado polos arxentinos en 1982  na Guerra das Malvinas. España, en pleno proceso de transición democrática, vendía este armamento a Chile en 1979.
Perante o embargo, o rexime procurou contratos en España, Brasil, Austria e Alemaña entre 1978 e 1980. En 1981 Austria e Francia uníronse ao embargo para aillar a Pinochet. Neste contexo é onde xerou a súa fortuna o traficante de armas chileno Carlos Cardoen; a súas empresas, xunto con Fábricas y Maestranzas del Ejército de Chile, monopolizaron a produción armamentística chilena nestos anos de embargo. Perseguido pola Interpol dende 1994 por fabricar e espallar as bombas de acio é considerado praticamente un héroe nacional. Enfermo de cancro, vén de diversificar o seu negocio, reconvertíndose en empresario do viño e mecenas cultural. Vén de inaugurar o Museo del Vino y el Campo en Lolol, entidade que se une aos Museos de Colchagua e Vichuquén., tamén pagados por el.  En 2005 recibiu do goberno chileno a Orden al Mérito Docente y Cultural Gabriela Mistral.
???????????????????????????????
Nas últimas semanas a Asociación de Agrupación Nacional de exSoldados Conscriptos del período 1973-1990 cortan estradas para que se coñezan as súas demandas: “Ha llegado la hora de movilizarse, de demostrar que fuimos parte de un ejército vencedor, jamás vencido, de demostrar que si tenemos derechos y que la pelearemos, tal como nos enseñaron, a matar o morir. Movilicémonos todos juntos y unidos el 23 de julio, o nos llenamos de gloria o nos llenamos de mierda, la decisión será de ustedes. Sólo juntos seremos vencedores, jamás vencidos”.
Mentres tanto, nas estacións de Metro de Santiago de Chile, carteis xigantescos actúan de reclamo para que mozos do país se alisten nas Forzas Armadas. O lema publicitario é: Elige tus batallas.
 IMG_0001
Publicado orixinariamente no Galicia Confidencial.
Anuncios
Categorías: Alén mar, Arqueolóxicas | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: