Y bailaré sobre tu tumba

2013-08-18 11.44.53
Alfredo González Ruibal analisou polo miúdo, alá irán máis de dez anos, as ruínas deixadas pola emigración galega na terra de Montes. El contaba como uns millonarios galaicomexicanos minusvaloraban a súa casa natal nunha aldea montesía a rentes do Paraño, afirmando que non valía máis ca unha mañá de shopping en México DF. É curiosa a relación dos galegos coa memoria e co pasado. Estes galegos son os mesmos que teñen ergueito o mausoleo no camposanto dende hai anos, polo que poida pasar, porque para morrer non se morre como na casa ou?
Os camposantos amósannos a maneira de vivir, a cotidianeidade, o noso xeito de estar no mundo. Por iso é tan potente a iniciativa deseñada por Etnoga a prol da divulgación dos espazos da morte, cunha liña de actuación resumida no conceito Cemiterios históricos. Estes venres 23 e 30 na serra do Barbanza amosaremos o potencial patrimonial dos cemiterios.
Esta fin de semana pasada andei polas terras mariñás de Viveiro. Para aqueles que seguen pensando no fracaso da industrialización en Galicia aconsello vivamente que se dean unha volta polo alcumado Parque Etnográfico da Ínsua. Aquí consérvanse os alicerces du embarcadoiro que llevaba a Alemaña e Inglaterra o ferro extraído da mina da Silvarosa, emprazada no interior. É o exemplo máis antigo de evacuación aérea de mineral en Galicia, por medio dunha sorte de funicular que sería despois empregado, por exemplo, na explotación do wólfram e do carbón.
2013-08-18 12.08.39 (1)
Este embarcadoiro (ubicado nunha fermosa zona de cantís sobre a ría que reflicte unha cor turquesa rechamante) emprázase nun espazo natural que é respectado unicamente por algún. Se un decide camiñar pola pista de terra que atravesa a Ínsua para dar ao cabo da Praia de Agrela, topará de bruces cun verquedoiro ilegal. Esta lixeira recolle a vida enteira dunha casa, guindada no monte por un camión. Toda unha vida familiar enchendo un remolque. Comparten espazo o típico chaveiro-recordo de Barcelona, os colchóns, as vellas e novas teles, a roupa dos armarios, as lacenas da cociña… e as fotos dos antergos. Os avós desbotados como cousa vella nunha lixeira en medio do monte, os mesmos avós que durmen o soño dos xustos nun panteón como Deus manda.
En la Voz de Galicia de hai 25 anos recolleuse unha nova referida ao párroco da veciña parroquia de Covas, hoxendía espazo primixenio do turismo estival en Viveiro:
El cura de la parroquia de Covas, en Viveiro, construye su propia tumba en el camposanto.
Antonino Roca Roca, párroco de Covas, y natural de la localidad de Gutiriz, ante el temor de que le sucediera como a algún compañero suyo que una vez muerto no disponía de un lugar donde ser enterrado y dependía de la caridad ajena, decidió, hace ya cuatro años, construirse su propia tumba. Eso sí, con todo lujo de detalles y en una de las zonas más privilegiadas del nuevo cementerio, denominado Pousadeiro, que se está construyendo junto a la iglesia parroquial de Covas. El sacerdote ha levantado un panteón de piedra con sus propias manos, con pico y cincel.
Pola noite, os Siniestro Total pechan coa súa actuación as festas grandes de Viveiro. Y bailaré sobre tu tumba chega até o camposanto de Covas mentres o embarcadoiro da vella mina remoe os seus recordos ollando para o luar.
2013-08-18 12_07_17

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, Arquivos do Trasno | 1 comentario

Navegador de artículos

Un pensamiento en “Y bailaré sobre tu tumba

  1. cullerdepau

    polo que se ve a burbulla inmobiliaria segue vixente , senon de que ian acabar ese restos fora do seu espacio natural, falta de sensibilidade tanto por parte dos familiares, como por parte do comprador, os uns enchoupados do modernismo capitalista, sen negun tipo de anclase ,raices ou simplemente sangre na cara, e teu..non che custou nada ganalo, vendelo , fas un bo negocio, pero quedate cas fotos daqueles que cho deron, tanto como mostra de agradecemento, como recordo ou respeto do que esperas que che fagan a ti o dia de mañan,. tal ver, tal esperar… como dixo un vello do meu lugar trala explicacion-xustificacion do herdeiro -vinculeiro tras vender a casa patricial, leiras e o pinar e liscaba pa nunca mais voltar,
    como rosmaba aquel vello: -Se tuberan criado un porco…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: