Cando estamos ultimando os preparativos para voltar as terras lindeiras de Etiopía con Sudán do Norde (marchamos o 10 de novembro), vén de publicarse unha síntese de parte do traballo que fixemos anteriormente por aquelas terras. Este artigo da revista baleárica MATS. Materialidades. Perspectivas actuales en cultura material presenta datos das dúas últimas campañas etnoarqueolóxicas levadas a cabo polo noso equipo de traballo na rexión de Gambela, Etiopía occidental, en 2009 e 2010. A investigación centrouse en cinco dos seis grupos étnicos “indíxenas” que viven na rexión hoxendía: nuer, añuak, komo, opuuo e sabu. O noso coñecemento histórico e etnográfico destes grupos é disparexo. Existe unha abundancia de información publicada sobre os dous primeros, unha menor cantidade para os komo e praticamente nada para os opuuo e sabu. En todos os casos, a súa cultura material apenas se ten tido en conta até o de agora. Neste traballo, ofrecemos descricións do mundo material e as tecnoloxías destas comunidades, especialmente a cerámica e a arquitectura doméstica, e amosamos a súa utilidade para comprender as múltiples relacións entre obxectos, etnicidade e principios sociais.
Materialidades
Archivo mensual: octubre 2013
Novas de Abisinia
Mártires
Hay quienes aseguran que las exhumaciones de fosas en la Guerra Civil y del franquismo se hacen por política. No les falta razón. Lo sabemos. Como por política fue no haberlas realiza-do en otro tiempo anterior. Sencillamente, por lo mismo. Lo cierto es que la política posibilita (o no) la investigación de aquellos crímenes. Son 75 años de política. Los mismos que se alarman y descalifican las exhumaciones son los que se quitan de encima el asunto diciendo “esto divide a los ciudadanos”. Así de fácil, no conviene.
La presencia de los familiares en primera línea provoca desconcierto y hasta conmoción al ver casos como la declaración de María Martín López en el juicio contra Baltasar Garzón. Que no se nos olvide, fue por política por lo que asesinaron a la madre de María en Pedro Bernardo (Ávila). ¿Quién se lo va a decir oficialmente?.
Francisco Etxeberría, La razón de la Memoria.
As exhumacións que levamos a cabo en Castuera no verán de 2012 foron un máster intensivo no só de Arqueoloxía do pasado contemporáneo, senón sobre a propia condición humana, sobre a miseria e a dignidade. Todos os días viña visitarnos ao camposanto una mestra xubilada, de nome Aurora. Con esa beleza das mulleres fermosas, o seu parasol e a súa elegancia natural, Aurora agradecía que estivesemos alí, de corazón. A súa mai, esposa dun dirixente socialista, fora asasinada vilmente polos falanxistas da vila. Seica formou parte dunha presada de vítimas atadas de dúas en dúas. Ela levaba como compañeiro de destino un artesán ao que lle gustaba o debuxo. Este home sempre levaba canda si unhas cuartillas de appel e uns lapises.
Aurora coñecía a un dos que participaron daquel asesinato. Pouco antes de morrer este señor, Aurora pediulle de xeonllos que lle dixera en que parte do camposanto estaba soterrado o corpo da súa mai. O home negoulle a verdade e fuxía dela como se fose o demo. Aurora conseguiu consultar o expediente xudicial da súa mai. Apresada ilegalmente, uns anos despois da súa morte chegou a casa unha notificación na que se dicía que podían ceibala que no había caso contra ela. Daquela xa levaba anos morta.
Aparte de todo o tráxico desta historia, Aurora sinalaba que a documentación da xustiza franquista estaba escrita de xeito infame, inzada de faltas de ortografía.
No camposanto de Castuera Regiones Devastadas ergueu unha basílica para honrar os mártires de dereitas represaliados mentres Castuera estivo en mans republicanas. Como daquela, uns mártires están nos altares e outros na cuneta, como vén de escribir de xeito maxistral Manuel Vicent na súa columna de El País de onte:
El olor a cera e incienso perfuma los pies de escayola de los mártires beatificados; pero los enterrados en los barrancos reciben el aroma de las plantas silvestres, la lavanda, el anís, el tomillo y el espliego. A los mártires de la Iglesia les rezan los fieles de derechas; a los asesinados del otro lado las plegarias las trae el viento que dobla los narcisos salvajes sobre su memoria.
Gael
Os rojos aloxados nos campos de concentración das rías galegas pavimentaron rúas, restauraron igrexas e adecentaron portos… mentres bebían auga de mar e morrían como alimañas. Pero o feixismo español, en versión nacionalcatólica, tamén empregaba a carnaza para outros mesteres. O feixismo español usou mao de obra escrava na Arqueoloxía de campo do Novo Estado. Nada máis rematada a guerra, prisioneiros republicanos foron empregados como escavadores no castro de Coaña (bacía do Navia, Asturias) ou na cidade grecorromana de Empúries. Coa Arqueoloxía catalanista desmantelada, con Bosch Gimpera no exilio, os vencedores voltaron a Ampurias para convertela no cerne espiritual da vontade imperial de España. Alí organizaron cos feixistas italianos, con Lamboglia á cabeza, campañas anuais de escavación para máis honra de Franco e Mussolini. Eran outros tempos.
A día de hoxe aínda existe unha Arqueoloxía ao servizo de demenciais ideais políticos, pero tamén existe outra que procura abrir o pasado dun xeito verdadeiramente democrático e crítico. Para aqueles que empregan prazas públicas en denunciar a utilización do voluntariado en escavacións arqueolóxicas aquí vai unha provocación: temos escavado con presos en sitios arqueolóxicos. Si, por favor, arqueólogos garantes da profesión, préndannos!
De feito, unha das pioneiras intervencións en todo o Estado foi a escavación do castro de Castrolandín (Cuntis), baixo a dirección do compañeiro Carlos Otero Vilariño. Durante tres campañas, presos do cárcere da Lama participaron na actividade dentro do programa de reinserción dese centro penitenciario. A experiencia foi estupenda para presos, arqueólogos e comunidade local. Nestes dous últimos anos, o noso equipo de traballo abordou intervencións arqueolóxicas na fronte de guerra do Alto Tajuña (Guadalajara) onde se desenvolveu unha batalla bastante esquencida na primavera de 1938. Presos de Alcalá Meco e Victoria Kent axudáronnos escavando trincheiras franquistas e republicanas, asoellando refuxios e búnkers da guerra. Abondaban sobre todo homes e mulleres de orixe colombiana que cumprían pena por tentar facer de mulas e mellorar as condicións de vida da súa familia. Mentres eles penan, outros políticos navegan en barcos de narcotraficantes pola ría. Así é o Estado de dereito.
Estes inmigrantes son todo profesionalidade. Algún deles formou parte das FARC e coñece mellor a historia contemporánea do reino de España mellor cós indíxenas cañís. Un destes presos chámabase, poñamos por caso, Gael. De orixe dominicana, criouse en Lugo de onde marchou de mozo cara á Madrid. Na cidade da muralla o seu pai procuraba o ideal do emigrante e mesmo enviou o fillo a un colexio relixioso de pago. O que pasa é que Gael se botaba ao monte. Condanado por roubo con violencia, leva os últimos anos traballando de día fóra do cárcere, no aeroporto de Baraxas, de peón, de mil cousas. De feito os días que estivo connosco estaba agardando por unha nova entrevista de traballo. O pasado e o presente de recluso non axuda nestes mesteres, segundo nos recoñecía el mesmo.
–Me habéis metido el gusanillo de la arqueología en el cuerpo, cabrones. Dicía cun sorriso retranqueiro mentres acendía un Camel, o tabaco dos arqueólogos. Moito se esmendrellou cando topamos nunha trincheira franquista un anaco de botelliña de Martini Rosso, que non branco.
A vida ten estas cousas: os cárceres cheos de xente á que non se lle dá unha segunda oportunidade e delincuentes corruptos malaios cun sorriso na faciana ríndose de todos nós.
Cando se despediu, Gael recoñeceu que sentía algo de morriña e comentoume en voz baixa, como se lle dera vergoña, que o primeiro que ía facer ao ser libre… era pescar troitas no Miño, porque ali sentírase ceibo por vez primeira na súa vida.
Por que?
O Partido Popular négase a equiparar o franquismo ao feixismo, o nazismo e o totalitarismo. Ese mesmo Partido Popular comeza a abrazar a causa da memoria histórica en actos de dignificación e lembranza das vítimas. O mesmo fai a dereita catalá, que seica se empeñaba en non remexer o pasado, como nos demostrou a nós nas nosas escavacións arqueolóxicas na fronte de guerra do Ebro en 2011. Velaquí os tedes na tribuna, a Mas, Posadas, Gallardón, en primeira fila. Eu pregunto: por que nun estado laico estes fulanos teñen que estar nun acto relixioso, en calidade de que? por que estes políticos non fan o mesmo co resto das vítimas, desta volta da represión feixista, como lle piden organismos internacionais e xuíces de fóra deste sen-país? por que tanta vileza?
Un grande final para este bochornoso espectáculo sería ver ao Ronco Varela repartille unhas boas ostias a estes infames bicadedos de bispo.