Gael

DSC_0617 - copia

Os rojos aloxados nos campos de concentración das rías galegas pavimentaron rúas, restauraron igrexas e adecentaron portos… mentres bebían auga de mar e morrían como alimañas. Pero o feixismo español, en versión nacionalcatólica, tamén empregaba a carnaza para outros mesteres. O feixismo español usou  mao de obra escrava na Arqueoloxía de campo do Novo Estado. Nada máis rematada a guerra, prisioneiros republicanos foron empregados como escavadores no castro de Coaña (bacía do Navia, Asturias) ou na cidade grecorromana de Empúries. Coa Arqueoloxía catalanista desmantelada, con Bosch Gimpera no exilio, os vencedores voltaron a Ampurias para convertela no cerne espiritual da vontade imperial de España. Alí organizaron cos feixistas italianos, con Lamboglia á cabeza, campañas anuais de escavación para máis honra de Franco e Mussolini. Eran outros tempos.

A día de hoxe aínda existe unha Arqueoloxía ao servizo de demenciais ideais políticos, pero tamén existe outra que procura abrir o pasado dun xeito verdadeiramente democrático e crítico. Para aqueles que empregan prazas públicas en denunciar a utilización do voluntariado en escavacións arqueolóxicas aquí vai unha provocación: temos escavado con presos en sitios arqueolóxicos. Si, por favor, arqueólogos garantes da profesión, préndannos!

De feito, unha das pioneiras intervencións en todo o Estado foi a escavación do castro de Castrolandín (Cuntis), baixo a dirección do compañeiro Carlos Otero Vilariño. Durante tres campañas, presos do cárcere da Lama participaron na actividade dentro do programa de reinserción dese centro penitenciario. A experiencia foi estupenda para presos, arqueólogos e comunidade local. Nestes dous últimos anos, o noso equipo de traballo abordou intervencións arqueolóxicas na fronte de guerra do Alto Tajuña (Guadalajara) onde se desenvolveu unha batalla bastante esquencida na primavera de 1938. Presos de Alcalá Meco e Victoria Kent axudáronnos escavando trincheiras franquistas e republicanas, asoellando refuxios e búnkers da guerra. Abondaban sobre todo homes e mulleres de orixe colombiana que cumprían pena por tentar facer de mulas e mellorar as condicións de vida da súa familia. Mentres eles penan, outros políticos navegan en barcos de narcotraficantes pola ría. Así é o Estado de dereito.

DSC_0782 - copia

Estes inmigrantes son todo profesionalidade. Algún deles formou parte das FARC e coñece mellor a historia contemporánea do reino de España mellor cós indíxenas cañís. Un destes presos chámabase, poñamos por caso, Gael. De orixe dominicana, criouse en Lugo de onde marchou de mozo cara á Madrid. Na cidade da muralla o seu pai procuraba o ideal do emigrante e mesmo enviou o fillo a un colexio relixioso de pago. O que pasa é que Gael se botaba ao monte. Condanado por roubo con violencia, leva os últimos anos traballando de día fóra do cárcere, no aeroporto de Baraxas, de peón, de mil cousas. De feito os días que estivo connosco estaba agardando por unha nova entrevista de traballo. O pasado e o presente de recluso non axuda nestes mesteres, segundo nos recoñecía el mesmo.

Me habéis metido el gusanillo de la arqueología en el cuerpo, cabrones. Dicía cun sorriso retranqueiro mentres acendía un Camel, o tabaco dos arqueólogos. Moito se esmendrellou cando topamos nunha trincheira franquista un anaco de botelliña de Martini Rosso, que non branco.

A vida ten estas cousas: os cárceres cheos de xente á que non se lle dá unha segunda oportunidade e delincuentes corruptos malaios cun sorriso na faciana ríndose de todos nós.

Cando se despediu, Gael recoñeceu que sentía algo de morriña e comentoume en voz baixa, como se lle dera vergoña, que o primeiro que ía facer ao ser libre… era pescar troitas no Miño, porque ali sentírase ceibo por vez primeira na súa vida.

DSC_0736 - copia

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, Arquivos do Trasno, O mellor do País | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: