Mandela’s Floor

MAndela1

Gústame o Ras Hotel de Addis Ababa, un deses sitios que aínda preserva o pasado recente da cidade. A cafetaría ten un aquel ao Rick’s de Casablanca. Camareiros de idade, elegantes, coa faciana de actores dunha película de Clean Eastwood. Na hall, dende que cae a noite, cada quen ocupa o seu sitio. As prostitutas discretamente sentada nos sofás, acenando cos ollos a posibles clientes, comparten espazo cos fumadores guiris. Un cubículo diminuto a rentes do corredor serve de tenda de souvenirs, rexentada por un vello ao que nunca vin vender nada. Alí comparten vitrina champús e camisolas co retrato de Haile Selassie. Foi precisamente o rastafari quen converteu Addis Ababa nun destino diplomático importante no contexto africano. A creación da Organización para a Unidad Africana con sé na capital etíope foi unha xogada mestra do emperador teocrático e feudal. Hoxendía o goberno abisinio celebra a todo trapo as vodas de ouro desta institución, creada en 1963. Neses anos Addis era un sitio no que se facía política internacional. O Mandela máis novo sabíao e aló marchou en 1962, no marco da súa loita clandestina, dúas semanas despois da primeira sabotaxe executada polo brazo armado do ANC. Mandela participou en Addis na Pan-African Freedom Movement Conference, onde defendeu a loita armada. De alí seguiu curso a Alxeria, onde recibiu formación guerrilleira, até chegar a Londres onde se reuniu con políticos británicos. Eran outros tempos.

O seu paso polo Ras Hotel recórdase na segunda pranta onde nos aloxamos  e onde casualmente recibimos a nova da súa morte. A CNN, a BBC e Al Jazeera pasaron todo o día cubrindo a noticia. Realmente non hai nada pior que converterse nunha vaca sagrada, nun símbolo vivo co que cómpre convivir sen saber moi ben que facer con el. Ten un aquel patético a vida post-cárcere de Mandela, coa súa camisola co número de preso, participando da cultura pop. Mentres cruzamos por última vez a porta do Mandela’s Floor dop Ras Hotel non podo deixar de pensar nisto recordando unha canción dunha banda que moito nos gustaba entrando na adolescencia, o Mandela Day de Simple Minds, e que resume moi ben ese uso icónico do ex-presidente sudafricano:

If the tears are flowing wipe them from your face
I can feel his heartbeat moving deep inside
It was 25 years they took that man away
And now the world come down say Nelson Mandela’s free.

MAndela2

Anuncios
Categorías: Sin categoría, Xente de aquí e de acolá | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: