Rochaforte

libro_03

Mañá ás 20:30 na casa dos veciños do barrio de A Rocha presentarase o libro Rochaforte no que tivemos ocasión de traballar xunto cos arqueólogos Xosé Suárez e Carlos Marín e a xente de anavallasuíza e cenlitrospormetrocadrado. A edición corre a cargo do Concello de Santiago de Compostela, dentro do proxecto de posta en valor do castelo de A Rocha Forte.

Este mesmo ano foi presentado un libro colectivo de Historia da Arte titulado Santiago, Cidade de encontros e presenzas. Dende a capela da Corticela até a Cidade da Cultura, toda unha serie de escenografías arquitectónicas presentes define, conforma e identifica a paisaxe urbana de Compostela. Sen embargo, neste devalar cara ao presente tamén existen baldeiros e ausencias sobranceiras, lugares e edificios esquencidos, degoldrados sobre as lindeiras da Historia. Este libro tenta recuperar para a Cidade unha destas paisaxes ausentes: o castelo da Rocha Forte. Durante dous séculos, entre mediados do s. XIII e mediados do s. XV, Compostela contou cunha monumental fortaleza, a máis grande do Reino de Galicia e unha das máis espectaculares da Península Ibérica. Edificación impoñente, residencia arcebispal, baluarte inexpugnable, auténtica cidade fortificada… a Rocha Forte foi moitas cousas, pero ante todo foi o espazo neurálxico na loita polo Poder na Baixa Idade Media, entre o Concello compostelán e os arcebispos que se foron sucedendo como señores feudais aos mandos da casa do Apóstolo.

Do mesmo xeito que Compostela naceu sobre un camposanto, A Rocha Forte é unha metáfora material dun proceso histórico marcado pola violencia, o conflito e a morte. A este respecto, é o mellor reflexo da crise vivida en Europa o século XIV e da loita social no século XV. Entre as súas paredes tiveron lugar asasinatos políticos, as súas murallas tiveron que resistir auténticas guerras de asedio e malia ser un Titanic medieval que se sentía eterno, o castelo foi reducido a cinzas pola furia do pobo en armas en 1466-1467. A destrución provocada polas Irmandades e o posterior expolio sistemático dos seus restos, fixo que o castelo desaparecese literalmente da face da terra.

Quizabes esta sexa a grande lección da Rocha Forte. Malia este monumental desplegue tecnolóxico, orgullo dun mundo medieval en transición á Modernidade, o castelo caiu perante o arroxo, a furia e a desesperación do pobo en armas. Durante dous séculos, a fortaleza foi o símbolo de todo un sistema sociopolítico. Pero tamén foi un xigante con pés de barro, porque o sistema de explotación feudal estaba baseado na coacción, a represión e a inxustiza. E contra a inxustiza nada fixeron barbacanas, lizas, ballestas e bombardas.

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, Arquivos do Trasno | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: