Un bo peixe

portada2_Página_1

Dez anos de traballo. Isto un político é imposible que o entenda. Unha década para alicerzar a tese de doutoramento La Ictiofauna de los Yacimientos Arqueológicos del Noroeste de la Península Ibérica. Toda unha investigación realizada dende unha universidade pequena e periférica, de provincias (lean o ABC, por favor). Condicións precarias que xamais puideron rematar coa paixón, a ilusión e o bo facer que Eduardo González lle pon ao seu traballo. Un arqueólogo novo con experiencia en moitas trincheiras: recuperación da memoria histórica, socialización e difusión do patrimonio, organización de congresos científicos, edición dun blogue sobre arqueomalacoloxía pioneiro a nivel internacional… Para nós é un orgullo que aquel rapaz que formou a xeracións de voluntarios e voluntarias nos campos de traballo dos castros de Neixón, entre na Academia pola porta grande. Parabéns, doutor.

Anuncios
Categorías: Arqueolóxicas, O mellor do País | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: