Premio EGANET 2013

SONY DSC

A páxina web do proxecto arqueolóxico da Rochaforte vén de merecer o premio anual da Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) na categoría de Comunicación Audiovisual. Este portal foi pensado, deseñado e traballado por dúas empresas galegas de xente nova que cren nun modelo de país aberto ao mundo, mais alicerzado no potencial enorme que agocha esta terra no curruncho do mundo. Estas dúas corporacións recollen toda unha declaración de intencións no seu propio nome: A Navalla Suíza e Cen litros por metro cadrado. Esta Unión Temporal de Empresas vencella a retranca do humor paisano galego, co gusto polo deseño do galeguismo cultural e político, dende sempre. Para min este premio sintetiza perfeitamente a realidade galaica neste segundo decenio de novo milenio: dunha banda, temos unha clase política que segue a reproducir modelos de exercer o Poder anteriores ao Dioivo e, doutra banda, temos unha xuventude formada con angueiras de normalizar un país que ten voz de seu, no eido político e, por ende, no eido cultural.

Fotografía: Exhumación dun esqueleto da época baixomedieval nas escavacións arqueolóxicas do castelo da Rocha. 2013. (Foto cedida polo equipo de escavación dirixido por Mª J. Bóveda).

Anuncios
Categorías: O mellor do País | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: