Un verso solto

bertsolaris[1]

De alá de onde son eu, nas terras que esvaran entre a Terra de Lemos e a fasquía montesía do Courel, aínda quedan cantores homéricos, capaces de guindar ao ar xeado os seus brindos ao solpor. O birindeiros sonvos coma os regueifeiros doutras zonas de Galicia, artesáns da improvisación e da palabra. Artistas do pobo como Xosé de Forgas facían gala da súa arte en celebracións ledas coma os banquetes de voda. Os birindeiros e regueifeiros veñen ser o trasunto galaico dos bertsolaris bascos. Homes do pobo que mantiveron a tradición oral dende hai séculos, mesmo nos tempos escuros do franquismo. Bertsolaris que eran coñecidos polo nome do caserío do que proviñan, tal é o vencello estreito entre individuo e paisaxe nestas terras de Vasconia.
Esta semana fun ao pazo de Montehermoso no cumio de Gasteiz para gozar dunha conferencia impartida pola escritora e xornalista Uxue Alberdi. Dentro do ciclo Igualdade e Empoderamento, Uxue reivindicou a participación feminina nunha arte que foi tradicionalmente coto privado dos homes. A arribada recente de femias no mundo bertsolari feriu sensibilidades, tal como aconteceu tamén nas tamboradas dos Alardes de Irun e Ondarribia. Tamén os ultraortodoxxos xudeus son quen de impedir coa violencia que as mulleres participen en determinados ritos hebreos perante o Muro dos laios. Tamén a Igrexa católica (alomenos antes da chegada do arxentino Paco) é rebeza para recoñecer a muller en igualdade de condicións.
No mundo basco do bertsolarismo, Uxue Alberdi é un verso solto. Curioso, se temos en conta que no idioma euskérico non existen diferenzas de xénero, unicamente se distingue entre seres animados (humanos e resto de animais) e inanimados.

Fotografía: grupo de bertsolaris diante do Teatro Victoria Eugenia de Donosti.

Anuncios
Categorías: Evasión ou Vitoria, Lerias e andrómenas, Xente de aquí e de acolá | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: