Lansbriga e a Buddhistiches Haus

Abriuse ao público, por fin, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa no sitio arqueolóxico de San Cibrán de Lás (Punxín/San Amaro, Ourense).

cuevillas-castelao

Sempre me gustou este retrato como símbolo icónico-visual de todo un proxeto ideolóxico marcado pola fidalguía decadente, o elitismo e mailo tradicionalismo. Eis dous señoritos sobre as vellas pedras d’A Cidade de San Cibrán de Lás. Ao meu modo de ver, pouco teñen de inadaptados. O tipo escrequeñado da dereita é Vicente Risco, o Himmler galego, non por xenocida evidentemente, pero si por filonazi, antixudeu e, sobre todo, pola súa querencia esotérica. Como o demente líder das SS, Risco chegou a argallar no seu maxín unha Doutrina e ritual da Moi Nobre Orde Galega do Sancto Graal. O compañeiro Francisco Javier González García ten demostrado como a etapa nacionalista de Risco foi un trasunto do ideosistema manexado polo etnógrafo na súa primeira etapa, na que se afiliou á igrexa teosófica, na que se envorcou en leituras sobre as filosofías orientais, na que se adentrou de cheo no ocultismo e na que se debruzou sobre a espiritualidade do budismo. A rentes do Miño debulla o conceito de Karma en artigos en xornais locais, firma colaboracións co pseudónimo Rujú Sahib, aprende o alfabeto devaganari e convértese nun especialista na vida e obra de Rabindrantah Tagore. A pipa do kif fai efeito como se aprecia nos sete números que saen ao prelo da revista teosófica La Centuria, creada en 1917 na antiga Auria. Nun ensaio aquí publicado, titulado, Preludio a una estética futura, afírmase o seguinte no tocante á primeira Verdade Nobre do budismo:
El estado universal de miseria –dijo el Buddha- es la primera verdad. Y la ignorancia de esta verdad es la causa de la miseria. Porque los hombres que ignoran esta verdad, creen que la dicha existe, la desean y la persiguen, y así van de error en error y de caída en caída, ligándose a las cosas objeto del deseo, que entrañan las tres condiciones de inestabilidad, padecimiento y ficción ¿No veis por todas partes el dolor? Dolor es el nacimiento, la vejez, la enfermedad, la muerte. Dolor es la unión a lo que no se ama. Dolor es la separación de lo que se desea.
Imaxino a Risco na solaina da casa de Trasalba, fitando para a vella Lansbriga, con Otero e Cuevillas, reconvertido nun Rambo que loita contra a dor e o sufrimento.

1364557916_0

Segundo os seus apoloxetas, Risco era un profeta. Coma un Spengler galaico escribiu As Tebras de Occidente onde se chantan as bases do seu pensamento racista e totalitario, vendo no celtismo e o xermanismo a rexeneración espiritual de Europa. Por iso Risco seguía tan de preto as pescudas de Cuevillas na década de 1920 cando lle deu a nacida de explorar arqueoloxicamente castros e citanias. Na súa viaxe a Alemaña, da que xurde o monllo de crónicas Mittleeuropa, recolle a súa visita á Buddhistiches Haus. O mesmo fillo de Risco lembraba as verbas do pai cando afirmaba que de non ser católico, tería sido budista.
Para algunhas cousas, é certo que Risco tiña un aquel profético. Nas terras de San Amaro onde se chanta o oppidum de Lansbriga, existe hoxe un dos centros budistas máis importantes de Europa, seica. O lama Gueshe Tenzing Tamding, outro inadaptado, víctima da ditadura chinesa, fuxiu do Tibet e tras décadas de exilio, atopou na aldea abandonada de Ventoselo de Beariz o solar para crear toda unha universidade budista. O rosario laranxa escoa polas dedas da súa mao como un acio de uvas de boa treixadura e de loureiro. A pantasma de Risco quizás participe destas cerimonias. Como bo profeta, el sabía que a vella cidade de Lansbriga viña sendo un Cho Sup Tsang, unha Fonte Inesgotable de Sabedoría.

Fotografías: Museo de Ourense (arriba); encontro de monxes en Ventoselo, de Román Nóvoa (abaixo).

Anuncios
Categorías: Arquivos do Trasno, Paisaxes, Xente de aquí e de acolá | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: