Avance marino

USIM9700007525fc02e65beed67cde2a896de4c021
O verdadeiro impulso do anarcosindicalismo en Gipuzkoa veu dado polo acontecido o 28 de maio de 1931, como consecuencia da enésima folga mantida polos mariñeiros de Pasaia. Os pescantíns e mailas súas familias dirixiron os seus pasos cara a Donosti e foi cando trabaron coas forzas de seguridade que deixaron un balance de seis mortos e varias ducias de feridos. Este foi o detonante para que a colonia galega de Trintxerpe se adherise á CNT, como así acontecía tamén na costa galega. O Sindicato Avance Marino de Pasaia foi un dos motores da reivindicación destes galaico-vascóns que comezaron a editar en 1933 un xornal La voz del marino, cunha tirada de 1000 a 1500 exemplares. Este xornal era lido nos máis importantes portos do Cantábrico.
Morremos de fame e os galegos teñen que ser como os vascos, reclamaba un dos mariñeiros que loitou coa súa familia diante do parlamento de Galicia (testemuño recolleito polo Galicia Confidencial). Eses mariñeiros galegos xa foron como os vascos, até o punto que os homes e mulleres de Avance Marino convertéronse en milicianos antifeixistas, deixando o seu sangue en montes vascóns como Pedras de Aia ou San Marcial.

O poeta Pako Aristi deixou escrito un fermoso poema titulado Reconversión industrial.

Untziolak itxi egin zituzten
eta bizitza osoa
itsasuntzien eraikuntzan
enplegatutako arotz zaharrak
enkarguzko lan ezberdinetan
hasi behar izan zuen.
Alabaina,
Batelen formakoak
ateratzen zitzaizkion gurdiak,
txalupen okerdurakoak hilkutxak,
izkina borobilekoak ziren
haren altzariak,
kurbarekiko maitasuna aitortuko
luketen olerkiak bailiren.
Itsasoak gidatzen zuen
bere eskuen indarra,
azaleko zimurrek osatzen zituzten
uhinen bidez
.

Velaquí a tradución:

Pecharon os estaleiros,
e o vello carpinteiro,
despois de toda unha vida
dedicada á construción de barcos,
tivo que aceptar
as encargas máis diversas,
Sen embargo,
os seus carros tiñan
a curvatura dos bateis
os seus cadaleitos eran como dornas
cantos arredondeados
acariñaban os seus mobles,
como se fosen poemas a declarar
o seu amor polas curvas.
Era o mar o que guiaba
a forza das súas mans
a través das ondas
que formababan
as engurras da súa pel
.

En Compostela era o mar que guiaba a forza das mans dos mariñeiros, contra uns profesionais da violencia que defendía Galicia, os seus deputados e o seu Parlamento.
gerda-taro-marineros-tocando-instrumentos-musicales-en-la-cubierta-del-barco-de-guerra-jaime-i-en-almeria-1937

Mariñeiros leais á República no acorazado Jaime I.

Anuncios
Categorías: Atila en Galicia, Evasión ou Vitoria, O mellor do País | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: