Un animal político

2014-03-16 13.33.42 (1)
A economía política galaica xera unha serie de materialidades e escenografías que foron perfeccionadas dende a década de 1990. Este fenómeno tivo como campo de experimentación a romaría peperiana da Nosa Señora do Faro na época gloriosa do fraguismo, cando don Manuel mudou o lema de La calle es mía polo de A leira é miña. Aquela foi a xénese da arquitectura do comensalismo político galaico, representado no pavillón deportivo e na carpa. Esta arquitectura acubilla moitos atributos, stands, negocios e prebendas, pero tamén comporta unha serie de xestos vencellados ao Poder, tal como o entenden os galegos e as galegas. Entre estes xestos destaca a presenza como convidado dun político en activo. Dá igual que estea xubilado, a piques de morrer ou separado do stablishment do partido. Na Galiza un político segue sendo político até que lle chantan a lousa por riba. Os organizadores da festa de exaltación do que toque (raxo, cachucha, filloa á pedra, filloa a secas, arte rupestre, nabiza, ourizo cacho… o que se tercie), sempre homes, empregan a figura do político coma un stand móbil que serve para lembrar quen manda, e para que sexa visto pola parroquia, máis interesada en rillar cá en escoitar pregóns inintelixibles con acústicas imposibles. Recordo unha destas festas que contou coa presenza de peso do ex-ministro socialista Caamaño. Como me dixo un bo amigo organizador do evento: Velaí, témolo aí. Caamaño estaba nun curruncho, nunha mesa VIP con outros convidados. A súa función era a de rillar, a de ser visto por propios e estraños. Era un expositor en si mesmo, un signo icónico-visual que confire prestixio á festa e lexitima toda unha maneira de estar no mundo. Onte aconteceu algo semellante na festa da filloa á pedra de A Baña. Unha ringleira de filloeiras con cadansúa bombona de butano producían centos e centos de filloas cadradas. O político invitado desta volta era Romay Beccaría, un dos homes máis poderosos da dereita ultramontana española. Non sabemos se en 1963, cando foi nomeado por Franco Secretario General de Sanidad, xa ía tocado con esa pucha de Oliver Twist tan característica. Romay Beccaría foi recibido polos homes bos da Baña, fazulas rubias e bandullo a cadros.
As mulleres fan filloas, os homes fan política.
Romay foi paseado (enténdase ben) polo pavillón e o seu periplo (peri)patético rematou cunha escena que recorda ao último Hitler condecorando a mozos imberbes das Xuventudes Hitlerianas diante do búnker. Romay, antes de acodir ao catering VIP, despediuse pasando revista ás filloeiras.
Galicia cada día máis linda, Galicia cada día mellor.
2014-03-16 13.36.37

Anuncios
Categorías: O pior do País | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: