O coloso de Rodas

120851480740320080418-1129454dn
Axudaba a meu pai co gado dende meniño. Con quince anos marchaba no tren dende Monforte a Vitoria coas bestas no comboio. Pasaba na cidade alavesa longas tempadas. Un tío meu tiña unha camioneta destas da segunda guerra mundial. Debeu ser o único que veu co Plan Marshall, canda o leite en po esmorecido aquel que nos daban na escola de dona Lita. Percorría eu Álava co meu tío. Un día entramos no campo de concentración de Nanclares de la Oca, que levabamos pedra para as obras que facían os prisioneiros. Alí vin o home máis grande que albisquei na miña vida, e xa ando eu polos oitenta anos. Era un alemán, andaba de medio capataz, que seica viñera á guerra de España coas brigadas internacionais. De Miranda de Ebro chegou acó.
Era un coloso.
Recordábame o Pedro de Salgueiras, que axudaba a cruzar o río levando ás costas o mestre don Fulxencio, un republicano extremeño que fuxira cando chegara a peste de Yagüe a Badaxoz.
Acobillárono nunha casa, e tan ben o gardou a filla dos amos que acabau casando con el. A mestra dona Lita e máis el competían entre si. Enviábanse problemas matemáticos, con acuse de recibo.
Dona Lita zoscaba ben nas crianzas. Un día pediume que lle precurara unha aguillada boa de salgueiro. Eu, que coñecía a ribeira toda do Saa, esmereime para contentar a mestra… Fun o primeiro en estreala.
Onde está Europa? Malpocado, lorán!!!
E eu a chorar. Esbagoando, que carallo ía acertar no mapa mudo se non vía nada, entre a dor e as bágoas. Mudo estaba eu e non o mapa, que carafio!
Iso si, tomei a vinganza un tempo despois, cando unha mañá de inverno venceron as trabes e a mestra caiu de cheo no baixo das cortes. Ficou alí empoleirada encol da vaca Marela, entre os cangos e a bosta.
Con dona Lita aprendín as sete marabillas do mundo, entre elas o ditoso coloso de Rodas. Canto me acordei, anos despois, vendo a película no cine en Vitoria. Até daquela, eu pensaba que o grego ese era o goloso, e que por iso era tan grande o condanado, por lambón… E nós pasando fame. Ai a vida! que mal repartida!
11715002

Anuncios
Categorías: Arquivos do Trasno, Sin categoría, Xente de aquí e de acolá | 1 comentario

Navegador de artículos

Un pensamiento en “O coloso de Rodas

  1. Ïa comentar, pero quedei sen palabras

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: