Sober

Banda

Velaquí temos a banda de Sober nos anos da IIª República. Para todo bo lemavo esta banda de música histórica é unha referencia que nos retrotrae ás romarías e festas da infancia. Que viñera este exército de músicos era un puntazo que se marcaba a comisión de festas, xa que incrementaba o prestixio comarcal da parroquia de turno. A banda, a orquestra, a boa música era ben valorada polas comunidades rurais. Incluso na guerra civil o bruar da metralla foi calmado ás veces pola melodía que xurdía de músicos e cantantes convertidos en soldados. Moitas fotografías na fronte ou na retagarda amosan a gaiteiros e guitarristas. Na fronte do Alto Tajuña, en Guadalaxara, onde levamos anos facendo escavacións arqueolóxicas, aínda se recorda un concerto noitarego que brindou un cantante de ópera no Abánades ocupado polo bando nacional. Ao rematar cada peza, das veciñas trincheiras republicanas xurdían ovacións pechadas e aplausos a rabiar. Velaí o poder da música, unha boa ferramenta para loitar contra o esquencemento, por iso se emprega en terapias para paliar a amnesia eterna producida polo Alzheimer.
Este sábado vindeiro, en Sober, voltará a música para recoñecer a inxustiza dos veciños e veciñas axustizados sen xustiza na guerra e na postguerra. Alí estaremos.

http://sober1936.wordpress.com/

Anuncios
Categorías: Sin categoría | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: