New Mexico

IMG_2282

Os estadounidenses birláronlle a México un terzo do seu territorio trala guerra de 1846-1848. O tratado de Guadalupe transformou a USA en toda unha potencia continental, coa adquisión de vastos espazos como a Alta California, Arizona ou New Mexico. Neste último, os trocos non se fixeron agardar. Malia que os anglofalantes norteamericanos son moito de pronunciar o r con degoiro o primeiro que fixeron foi cambiaren Alburquerque por Albuquerque, que sona no bico ianqui algo así como Albaricoque.

Como me comenta o xeólogo de Arizona Gerry Huckleberry, o EEUUcentrismo fai que dende estas terras apenas se preste atención ou se coñezan outras realidades. Todo o contrario acontece en Europa, onde coñecemos polo miúdo a paisaxe física e mental dos USA. Películas e series fan que a paisaxe árida de New Mexico nos resulte familiar. Dende o Río Grande que linda con Texas podemos maxinar perfectamente a Clean Eastwood cabalgando nun filme clásico de Far West. De Albuquerque a Santa Fe atravesamos a paisaxe da Modernidade alicerzada pola ruta 66. Espazos ermos, un casino aquí e outro acolá, no medio da nada. Sen embargo, algo resta nesta paisaxe do tempo dos indios, dos colonos, dos pioneiros da segunda metade do século XIX, desta segunda expansión colonial que sucedeu aos españois nesta parte do mundo. Unha historia de guerra.

IMG_2301

Polo camiño, un veículo todoterreo que nos adianta anuncia fachendoso que o condutor é un veterano do Exército dos EEUU. Na entrada de Santa Fe hai de feito un memorial adicado a esta xente. En Alburquerque comparten oferta cultural un Museo do Holocausto e a Intolerancia e outro Museo dos veteranos de guerra. Esta construción da memoria non se limita unicamente ás guerras recentes senón que tamén abrangue os conflitos que axudaron a modelar os USA. E non fai falla pensar unicamente en El Álamo. De camiño a Santa Fe, nesta chaira desértica, sobrancea na liña do horizonte un pequeno monolito que lembra o coñecido como Batallón Mormón. Esta unidade militar foi a única de natureza relixiosa na historia norteamericana. A longa marcha que fixeron dende Iowa até San Diego (California) foi chave na derrota mexicana e abriu o camiño para a colonización estadounidense deste territorio. A colaboración das tribus Piman foi moi importante, ao seu paso por Arizona. De feito, os soldados mormóns aprenderon técnicas de irrigación dos locais que despois puxeron en práctica como colonos pioneiros en Utah, despois de seren licenciados do Exército.

41060019_35pct

Xa vos digo que este arrecendo pioneiro segue presidindo a paisaxe mental de New Mexico. Na guía oficial, o alcalde anglosaxón de Albuquerque saúda nos seguintes termos: Eu fun nado en Albuquerque, aquí recibín a miña educación, montei un negocio e fundei unha familia. Education, business, family tres conceitos básicos dos colonos, patriotas e crentes. Interésame esta mentalidade colonial, xa que en España aínda pervive algo deste imaxinario nos ex-colonos agrarios do franquismo.

O meu cuñado contoume unha historia marabillosa. Un colega seu é descendente de colonos daneses nos USA, de cando a época do Mayflower, ou case. Os seus antergos establecéronse en New Orleans. Alí residía aínda a avoa do rapaz, até que chegou o Kattrina.A día de hoxe está a coller bastante pulo a Disaster Archaeology, que estuda os efeitos materiais e as ruínas xeradas por catástrofes. Pero tamén hai unha Etnoarqueoloxía do desastre. A avoa ianqui-danesa do rapaz do que vos falo, negouse a abandoar o seu fogar, non quixo ser evacuada. E morreu alí, sepultada polas ruínas da súa casa, destruída polo furacán.

Anuncios
Categorías: Sin categoría | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: