Un mogollón de Pueblos

IMG_2290

Dr. Franz C. Hibben (1910-2002) profesor de Arqueoloxía na Universidade de New Mexico.

O motel Monterrey de Alburquerque garante unha hospitalidade europea. A familia que rexenta o negocio son de orixe polaca. Viñeron de perto de Poznan, dunha zona na que se falaba alemán antes da IIª Guerra Mundial. O xerente semella sacado do álbum de fotos do Mundial de España’82, daquela boa selección de bigotudos polacos. De feito, na conversa, o home interésase polo soccer español. O motel atópase a rentes da Route 66. Comezada a construír en 1926, esta vía de comunicación foi a canle elixida por centos de miles de emigrantes cara a California, pero tamén foi un recurso enorme para a dinamización económica das poboacións pola que pasaba. No caso de New Mexico a fins dos anos 20 e comezos dos anos 30 confluíron varios procesos de construción cultural e política da paisaxe. Por unha banda, promoveuse a idea do Suroeste como área enxebre dos EEUU, como destino turístico interno para amosar as orixes. Este contexto axuda a explicar a conversión de Alburquerque na sé académica da investigación antropolóxica sobre os pobos orixinarios. Antropólogos e arqueólogos ianquies brancos foron os artífices do estudo arqueolóxico dos indios Pueblo. Os edificios universitarios erguidos neses anos 30 son toda unha escenografía arquitectónica hiperenxebrista que reproduce a arquitetura tradicional orixinaria.

IMG_2281

Biblioteca no campus universitario de Alburquerque.

Spielberg recreou a Arqueoloxía académica estadounidense desa época nos seus filmes sobre Indiana Jones. Profesores doutores que misturaban o anceio explorador e aventureiro cunha ciencia que daquela bebía directamente do historicismo cultural, co anceio de reconstruír os mapas étnicos orixinarios. Sería daquela cando se definan arqueoloxicamente (dende un punto de vista androcéntrico, colonial e racista) as culturas Mogollón, que lindaría ao Norde coa amalgama dos pobos Pueblo. Como obxecto de estudo, estes grupos orixinarios son un exemplo perfeito da evolución da disciplina. Coa chegada das aproximacións funcionalistas e ecolóxicas, a Antropoloxía tentará analisar o adaptación ao medio destas comunidades, a relación natureza-cultura, os desequilibrios ecolóxicos. Os monumentais poboados Pueblo convírtense nos anos 50 e 60 nunha auténtica icona da Prehistoria americana, presente en todos os manuais universitarios até hoxe.

IMG_2268

Hotel de 1936 abandonado a rentes da Route 66.

IMG_2269

New Mexico son as Hurdes dos EEUU, así mo definiu en perfeito castelán o profesor Lawrence Straus, prehistoriador hispanista que leva traballando corenta anos no Norde de España. Son moi coñecidos os seus traballos sobre o Solutrense na cova de El Mirón. Como ben di, New Mexico é o estado máis pobre do USA, segundo as estatísticas oficiais. Dende os anos 30, o turismo, con Santa Fe como epicentro, é unha fonte importante de recursos. Nesta onda cómpre enmarcar unha febre polo leigado indíxena que deu lugar a todo un proceso de patrimonialización e mercantilización do pasado Pueblo que chega aos nosos días. A uns metros do motel Monterrey, aínda se pode ver un antigo complexo hoteleiro fundado en 1936, ao carón da Route 66. Estamos diante dun remedo do Pueblo Español de Barcelona, pero en clave amerindia. Este espazo abandoado forma parte de todo un repertorio de arquitecturas que ficaron abandoadas na antiga ruta, substituída por unha nova autoestrada nos anos 80. Diferentes asociacións e o propio Goberno federal levan anos promovendo a proteción e conservación deste patrimonio contemporáneo itinerante.

IMG_2270

Vivendas Pueblo do século XXI nun barrio de Albuquerque.

Anuncios
Categorías: Sin categoría | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: