Un Pueblo es, un Pueblo es

DIMG_2350

Eu sempre pensei que de realismo máxico nada, que todo o que contaba García Márquez en Cien años de Soledad era certo. Acordádevos do esquelete de aquel soldado español con casco e todo? Pois velaquí a evidencia arqueolóxica malia que en New Mexico. Un labrego descendente de colonos atopou sachando este casco, decorado a xeito apotropaico cunha figura de Cristo na cruz, feita á navalla. A epopea española por estes lares manda truco. Nun listado que se conserva dos aventureiros que formaban parte da expedición do Adelantado Juan de Oñate, aparece consignada a súa orixe; por suposto sempre había un galego que non se sabía se subía a Alta California ou baixaba á Baixa California, de aí que apareza o seu nome, e despois, entre interrogantes, ¿Galicia? Pero as sorpresas continúan. Imaxinade que Décimo Xunio Buto, no seu avance cara ao Lethes, fose deixando da súa mao graffitis nas rochas, dando conta da súa fazaña conqueridora. Pois iso é o que aquí acontece. Os conqueridores españois poñendo por escrito as cousas claras. Da outra banda, os diferentes grupos étnicos agrupados nos Pueblo, tamén deixaban en petroglifos consignado o paso destes homes diabólicos.

la foto (6)

la foto (7)

O modus operandi colonizador español nestes casos foi creando certa animadversión entre os grupos locais. A fins do século XVII ten lugar a grande revolta dos Pueblo. Non andaron con tonterías. Uns cantos misioneiros foron queimados vivos, ao máis puro estilo inquisidor. Os símbolos cristiáns foron destruídos. As escavacións arquelóxicas no Pazo do Gobernador en Santa Fe fornecen maís evidencias a este respecto. Velaquí vedes una anaco de campá de bronce, escarallada pola furia dos colonizaados. Por unha vez na historia, a Casa do Gobernador convertiuse na Casa del Pueblo.

IMG_2348

Anuncios
Categorías: Sin categoría | Deja un comentario

Navegador de artículos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: