En las orillas del SAR

el_delirio_cover_flat_l
A paz dos estadounidenses cos indios Pueblo conlevou marchas da morte de centos de kilómetros, de homes, vellos, mulleres e nenos cara a reserva de turno. Grupos étnicos inimigos compartindo espazo. Unha xenial idea. Esta prática xenocida insírese nun brutal proceso de deshumanización do salvaxe subalterno, unha discriminación brutal que fixo xurdir xa a fins do século XIX asociacións relixiosas de carácter paternalista. Con boas intencións, estas entidades, estes internados, tiveron unha misión clara: converter esta xente en cidadáns norteamericanos, con nomes en inglés, roupas e deuses de brancos.
Mentres se remataba con estas culturas, paradoxicamente comezaba o interés antropolóxico por estas comunidades. Fósiles arqueolóxicos dun pasado que nunca voltaría.
celebrate_exhibit_photograph_a3_l
celebrate_exhibit_photograph_a5_l
Estando nestas chegaron a Santa Fe dúas irmás, fillas dun magnate multimillonario de Nova Iorque: Amelia Elizabeth White e Martha Root White. Mulleres liberadas de clase alta, viaxadas e cultas, nos tolos anos 20. Cando vexo as súas fotos non podo deixar de pensar en Matilda Ruth Anderson, en automóbil pola Galicia dos anos 1920, tirando fotos aquí e acolá. Nunha viaxe por España, ambas as dúas White perdéronse por Sevilla adiante e deron en preguntar polo seu hotel nun bar de vello alcumado El Delirio.
Ese foi o microtopónimo escolleito polas White para dar nome a un complexo arquitectónico que mandaron construír ás afóras de Santa Fe a mediados dos anos 20. Toda unha escenografía neopueblo xerada polo maxín dunhas millonarias. O mesmo facían en España indianos retornados, coma os irmaos Naveira en Betanzos, onde chantaron ese delirio chamado O Pasatempo, ou o conde Cabanelas n’A Lama, co seu poboado ideal en Covelo, ou Horacio Echevarrieta en Getxo coas galerías de Punta Begoña. Utopías, soños, prestixio, poder.
la foto 3 (1)
O mecenado das White converteu El Delirio en acobillo de artistas e intelectuais. As fotografías da época amosan unha realidade delirante, con xornadas de caza aristocráticas do raposo ao estilo británico en pleno deserto de New Mexico, ou festas nas que figurantes aparecían caracterizados como indíxenas. O amor pola Arqueoloxía de Elizabeth fixo que en 1972 cedese El Delirio á School for Advanced Research. Dende aquela acolle biblioteca, residencias de investigadores e seminarios sobre temas de Antropoloxía americana. Pendurados das paredes temos retratos dunha morea de clásicos que durmiron e partillaron entre estas paredes: Flannery, Geertz, Binford… As fotografías dos diferentes seminarios van amosando a evolución da disciplina: da New Archaeology medioambientalista e funcionalista dos anos 70 ao xiro lingüístico e simbólico, a entrada das comunidades locais nos anos 90, as antropoloxías críticas do século XXI…
la foto (94)
Nestes USA as entidades de investigación e universidades viven sobre todo das aportacións privadas e do mecenado, unha cultura aumida que leva incluso a empresas a adoptaren medianas (isto é certo) e espazos públicos. Pensándoo ben esta é unha boa opción para Galicia: a un empresario galego non o convencerás para adoptar un monumento, pero outra cousa sería adoptar unha rotonda, cun dolmen, menhir ou un busto a escala da súa cachola.

Anuncio publicitario
Categorías: Sin categoría | Deja un comentario

Navegador de artículos

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: